venres, 12 de maio de 2017

Gogue publica unha ampla escolma de Floreano e Moncho Borrajo recompila todas as súas viñetas

Félix Caballero

O humor gráfico galego vén de enxendrar dúas novidades editoriais, o cal é sempre unha boa noticia: Floreano, de Gogue, e Escolma do humorismo gráfico de Moncho Borrajo
 Ambos os libros pódense adquirir xa nas principais librarías do país, alén de en diversos sitios webs.

Floreano
 
FLOREANOFloreano (Xerais, 2017) recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en Faro de Vigo na súa sección do mesmo nome, organizadas en tres apartados: “De mulleres, chiñas, rubias e varios”, “De curas, monseñores e eminensias” e “De tasas, viños e loureiros”. Constitúe a primeira grande antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano, Monchiña, Epifanio, Cachiña, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre o volume o texto, “Floreano, My Way”, limiar de Alberto Avendaño, director de Tiempo Latino, o xornal en castelán editado polo Washington Post na capital dos EEUU. Edítase co gallo do 25 aniversario de Floreano, creado por Gogue nas páxinas do diario decano da prensa nacional en 1989.
Gogue xa publicara nos últimos dez anos dúas escolmas do personaxe: Historias Floreánicas (edición do autor, 2008) e Historias Floreánicas II (Todogrove, 2011).
Floreano é un home campechano, bebedor de bo viño, ao que lle fai feliz unha cunca de viño e arrodearse de amigos. Nas viñetas está acompañado ás veces pola súa dona Moncha, o seu amigo Epi, Cachiña e o cura don Ramón. Con Floreano Gogue fai un humor “tabernario-furancheiro”, que se traduce como costumista, popular, retranqueiro, con referencias puntuais á actualidade informativa. O humorista defínese como “un contador de historias cotidianas y a veces retratista gráfico de actualidad. (…) Mi inspiración se basa en lo cotidiano, en lo que veo y oigo en la calle, en una tienda o tomando un vino” (El Correo Gallego, 13 de setembro de 2014). “Yo hago humor social, para el pueblo. Siempre entresaco algún trazo cómico de una conversación. Por eso, mis chistes son atemporales. Solo quiero arrancarle una sonrisa a la gente cada mañana, para que comience bien el día. A veces también quiero hacerla pensar. Pero casi siempre lo que busco es que me digan: ‘Que chiste máis bo, alégrachesme o café da mañá”. Y creo que esa es la clave del éxito de Floreano y sobre todo de que se mantenga en primera línea tanto tiempo” (Galicia Única, 1 de xullo de 2011).
Floreano acadou logo tanta popularidade que comparte co Carrabouxo de Xosé Lois a honra de ter unha estatua de seu. O escultor Lucas Míguez (Olimpio Javier Míguez Mosquera, Mos, Pontevedra, 1944) inmortalizouno en bronce en xullo de 2011 na Praza de Arriba do Grove, en fronte da casa natal do humorista. Un conxunto escultórico no que non falta nada da viñeta: Floreano, a súa mesa, a cunca de viño, o xornal, as moscas… 
No número 17 de Tempos Novos (xuño de 2015), eu mesmo publiquei un achegamento ao personaxe, comparándoo co Carrabouxo. Prometo colgar o traballo neste mesmo blog moi axiña.

Escolma do humorismo gráfico de Moncho Borrajo


Resultado de imagen de escolma do humorismo gráfico de moncho borrajoEscolma do humorismo gráfico de Moncho Borrajo (Areosa, 2017) pretende achegar ás novas xeración o bo facer dun artista integral, que axiña sobe a un escenario como se dedica á obra plástica en pintura ou escultura.
O volume recolle todas as viñetas de humor publicadas polo popular cómico de Baños de Molgas nos seus cinco libros orixinais de humor gráfico: Moncho y yo (Planeta, 1980), Moncho y tú (Planeta, 1986), ¡Pobres míos! (Planeta, 1987), Animaliños (Ir Indo, 1988) e Gatos (Ir Indo, 2008), máis algunhas outras aparecidas en xornais. Os tres primeiro libros estaban escritos en castelán e os dous últimos en galego, mais nesta ocasión aparecen todos en edición bilingüe. Trátase, polo tanto, dun exhaustivo repaso a obra humorístico-gráfica de Borrajo desde hai case que corenta anos.  
Moncho y yo, Moncho y tú e ¡Pobres míos! xa foran escolmados en 1990 nunha edición non venal de Caixa Galicia titulada Lo mejor de Moncho Borrajo.
Como humorista gráfico, o cómico continúa a liña de Castelao e Maside, facendo debuxos dentro dun cadro, con texto ou sen el, de liña, pouco barrocos, influído pola estética art decó dos anos 20 e 30 do século pasado. Como adoita acontecer no humor gráfico galego en xeral, é un humor de sorrir, non de rir a gargalladas, que nos fai pensar e –como apunta o propio Borrajo (TVG, 26 de abril de 2017)– dicir: “Carallo como atinou! Este xa sei por quen vai!”.
Resultado de imagen de escolma do humorismo gráfico de moncho borrajo
Referencias bibliográficas
  • GOGUE (2017). Floreano. Vigo: Xerais, 216 pp. ISBN: 978-84-9121-217-1.
  • BORRAJO, Moncho (2017). Escolma do humorismo gráfico de Moncho Borrajo. As Somozas (A Coruña): Areosa, 424 pp. ISBN: 978-84-697-2409-5.

domingo, 2 de abril de 2017

Pódese facer humor de todo? (sobre os límites do humor)


Félix Caballero
Hai uns días, co gallo dunha disertación sobre o humor gráfico na prensa galega que tiven o privilexio de facer convidado por un amigo (ía dicir un querido amigo, pero iso é un pleonasmo, porque a amizade é sempre unha forma de amor), volvéronme facer a pregunta do millón de euros: pódese facer humor de calquera cousa? Ten límites o humor? Daquela saín do paso cunha resposta máis ou menos improvisada que non me deixou satisfeito de todo. Hoxe, logo de reflexionar un chisco máis sobre o asunto, quero pór por escrito a miña posición:
1) Pódese facer humor de todo? Si, pode e débese, porque o humor é sempre saudable. Sobre todo, pode e débese facer humor do solemne, do grave, do estirado, do falsamente serio. E digo “do falsamente serio” porque o humor si que é serio, pero nunca solemne. Ao revés, é antisolemne. Cómpre, pois, diferenciar entre o serio e o solemne. O humor é sempre antisolemne, digo, e non só a sátira, senón tamén as formas máis benévolas do humor, é dicir, o humorismo e a comicidade, porque nos amosan a nobreza do ridículo e a ridiculez do nobre. Todo pode ser relativizado, nada é tan importante como coidamos, comezando por nós mesmos.
2) Pódese facer humor de calquera cousa, pero non de calquera maneira. Aí está a chave da cuestión. Basicamente, hai dúas maneiras de facer humor: ferindo ou aliviando; achegando dor ou ledicia. Coido que o filósofo francés André Comte-Sponville explicouno moi ben cando dixo: “Pódese chancear sobre todo: o fracaso, a morte, a guerra, o amor, a enfermidade, a tortura. O importante é que o riso engada algo de ledicia, algo de dozura ou lixeireza á miseria do mundo, e non máis odio, sufrimento ou desprezo. Pódese chancear con todo, pero non de calquera xeito. Un chiste xudeu nunca será humorístico na boca dun antisemita”. Non será humor, senón unha canallada, outra forma de aumentar u odio e mais o sufrimento. Porén, un chiste na boca dun xudeu pode ser –e de feito é– unha das máis xenuínas forma de humor, porque será unha das máis intelixentes e eficaces maneiras de exorcizar demos, de aliviar a dor, de autoprocurar benestar psíquico e emocional a un mesmo e á colectividade da que un forma parte.
Cómpre falar aquí da ditadura do politicamente correcto e mais do humor negro. O problema do politicamente correcto consiste, precisamente, en que non é quen de entender isto: que se pode facer humor de todo, pero non de todas as maneiras. Para o politicamente correcto hai temas dos que non se pode falar, e punto, por iso é unha ditadura. O políticamente correcto ten resucitado os tabús, caendo nun dobre paradoxo, porque reintroduce na modernidade e desde posicións supostamente progresistas un asunto –os tabús– propio do pasado e dunha mentalidade reaccionaria.
Para quen é politicamente correcto, non se pode facer chistes sobre determinados colectivos ou cuestións, pero todos sabemos que algúns chistes sobre eses asuntos (e subliño o de algúns, para que ninguén se leve a engano), sobre todo en boca de persoas afectadas directamente por eles, poden facer máis ben ca mal, porque teñen un efecto catárquico ou balsámico. Cando Woody Allen di “se tivese nacido en Viena no canto de en Nova York, hoxe sería a pantalla desa lámpada, non é?”, non está aumentando a dor da súa xente, senón ao revés, restándoo.
Entramos xa de cheo no humor negro, a segunda cuestión da que quería falar. Alén da súa má prensa nalgúns círculos, o humor negro é lexítimo e mesmo necesario. O que acontece é que en España adoita ser mal entendido. O humor negro rise da morte, non do morto, mais no noso país a maioría rise deste en troques daquela. Só así se comprende a polémica ao redor de Guillermo Zapata, o concelleiro de Madrid xulgado por uns tuits aldraxantes sobre Irene Villa e as nenas de Alcásser. El alegou que eses tuits se escribiron no contexto dun debate sobre os límites do humor negro. Enganábase ou mentía (ou mentíase, que vén sendo o mesmo), porque non se estaba a rir da morte, senón de mortos (ou feridos ou mutilados), e non precisamente por morte natural, senón de “mortos matados”, de vítimas do abuso e da inxustiza con nome e apelidos. A Audiencia Nacional absolveuno confirmando que as mensaxes se emitiron no transcurso dun debate sobre “o humor macabro”. Sobre que os tuits non son reprobables desde o punto de vista penal –como afirmou o tribunal–, non teño nada que dicir, pois non son xurista, pero o de que constitúen unha manifestación de humor macabro non podo compartilo en absoluto. Facer mofa de vítimas coma elas é vitimizalas de novo, polo que, lonxe de humor negro, só podo cualificar eses tuits de canallada.
3) Rirse dunha pobre vítima, dunha persoa débil e indefensa, non é nunca humor, nin sequra sátira. A mención á forma máis agresiva do humor –a sátira– non é baladí. Non estou condenando a sátira, todo o contrario. A sátira ten o seu sentido, a súa utilidade e a súa lexitimidade. A sátira si ataca, fire, fai dano. Esa é a súa esencia. E non ten que pedir desculpas por iso nin hai que esixirlle que sexa xusta, que ofenda con xustiza e proporción. Iso sería un absurdo. Repito que na súa esencia está ferir, facer dano. O satírico é sempre xuíz e parte. Ademais, como definiu moi ocorrentemente Lorenzo Gomis, o humor gráfico (tamén a sátira gráfica) é unha noticia imaxinaria en función de comentario. Non se lle pode pedir que sexa verdadeiro (e, polo tanto, xusto) ao que é imaxinario, unha invención. O humor gráfico (tamén a sátira gráfica) é un comentario da actualidade, unha opinión, coma a columna xornalística ou mesmo o editorial, mais, a diferenza deles, non ten que argumentar (achegar argumentos verdadeiros e xustos); chégalle con insinuar, apuntar, ironizar. Pero ao que ía. Para ser lexítima, para empatizarmos con ela, para celebrármola, a sátira ten que atacar o poderoso, o forte, o verdugo, a quen está arriba, nunca o débil, a vítima, a quen está abaixo. A sátira ten que se dirixir de abaixo arriba, nunca de arriba abaixo. Aí radica a súa lexitimidade e mais a súa función, porque a sátira ten unha función catárquica –o satírico (e o seu púbico con el) experimenta unha catarse cando ataca, cando ofende, cando morde (a sátira é unha vía de escape que permite mudar por un momento o malestar do débil en pracer, a súa febleza en sensación de forza)–, mais tamén outra función de melloramento social, porque non deixa de sinalar vicios (individuais ou coletivos) para seren corrixidos.
4) En resumo: ten que ter límites o humor? Si, e de feito xa os ten: as leis ordinarias (nunca as leis especiais de información, propias de réximes totalitarios ou autoritarios e, xa que logo, sinónimos sempre dunha reprobable censura), é dicir, o Código Penal. E a maiores, o sentido común e o bo gusto, convenientes para todo, non só no eido do humor. No Código Penal atopamos eses lexítimos límites ao humor: o dereito á honra, á intimidade, á vida privada e á propia imaxe; o delito de odio e mais o da incitación ao odio... A calumnia, a inxuria, a difamación, a incitación ao odio nunca serán humor, senón delitos. E canalladas.

martes, 21 de marzo de 2017

Mariano: "Yo no dibujo muñecos, sino personas, y más bien antiguas. Y no los llamo chistes, sino dibujos con pie”


Por Félix Caballero
(Lugar y fecha de la entrevista: Vigo, 20 de marzo de 2017)

Mariano Marcos Abalo, conocido artísticamente como Mariano, nació en A Pobra do Caramiñal (A Coruña) en 1937. Su padre era un maestro palentino que fue a trabajar a A Pobra y se casó allí con una lugareña. Mariano vive en Vigo desde 1960, cuando entró a trabajar en el Banco Pastor tras obtener una plaza de administrativo por oposición. Se jubiló en el banco 37 años después. Antes de entrar en el banco había hecho estudios inconclusos de Humanidades y Filosofía en el Seminario Conciliar de Santiago de Compostela y de Magisterio en la misma ciudad.
Desde 1977 colabora como humorista gráfico en la revista Vigo Deportivo, en la que también dibuja escudos y hace estudios heráldicos. En 1989, publicó el libro Cen chistes en galego, con una selección de las viñetas publicadas en la revista, que se encargó también de la edición. El prólogo fue escrito por el periodista de Faro de Vigo Víctor Iglesias Viqueira.
Ha publicado viñetas también en Chan –la revista gallega que dirigía en Madrid el prestigioso periodista compostelano Raimundo García Domínguez, Borobó (1970-1971)–, Can sen Dono –la revista de humor que fundaron Pepe Carreiro y Gogue en Vigo (1983-1990)– y A Peneira –el periódico comarcal editado por Guillermo Rodríguez Fernández en Ponteareas (1984-2010)–.
Participó en los Encuentros de Humoristas de O Condado que se celebraron en Salvaterra, O Porriño y Mondariz entre 1984 y 1988. Tenían lugar a la par que el Festival de Poesía de O Condado y estaban auspiciados, al igual que este, por la Sociedad Cultural y Deportiva de O Condado. También participó en el I Salón de Primavera y Simposio de Humoristas que tuvo lugar en Vigo en 1989.
Tiene obra en el Museo del Humor de Fene (A Coruña).
Mariano es un artista polifacético. Hace también tallas en madera y marfil, y pinta platos y búhos en piedras que encuentra en la playa.
Es el autor del famoso conxuro de la queimada, comercializado hasta la saciedad, aunque, para su desgracia, a sus espaldas. Lo compuso en 1967 y le añadió dos estrofas en 1974. En 2001 registró la propiedad intelectual. Además, es miembro del grupo poético “Brétema”.
Ha realizado el espectáculo de la queimada en diversas localidades de Galicia y otros puntos de la península ibérica. Es Caballero de la Orden Serenísima de la Alquitara, de Portomarín (Lugo), y ha sido pregonero de numerosas fiestas en O Porriño, Mosende-O Porriño, Mos, A Cañiza, Moscoso-Pazos de Borbén, etc., todas ellas en la provincia de Pontevedra.
Colecciona llaves y esquelas con mote, de las que ha reunido cerca de 50.000 en 40 años.
 
¿Qué es el humor para usted?
El humor a veces me hace reír y todo. A veces voy por la calle y me río solo porque me cuento un chiste que no sabía. Yo ando todo el día y mi mente está trabajando siempre. A veces voy por la calle entretenido, con películas, haciendo historias, y pasa alguien por mi lado y no lo veo. Y cuando llego a casa escribo o dibujo. Nunca estoy aburrido. Estoy todo el día entretenido, y toda la noche. Yo me acuesto todos los días a las tres y media de la mañana. Además, como varío… No hago siempre lo mismo. Un día me pongo a pintar las piedras con los búhos, otro día hago poesía, otro día hago dibujos…
¿Cuándo escribe lo también en clave de humor?
No necesariamente, pero siempre dándole un toque con cierta gracia.
¿Y poesía humorística ha hecho?
También. Los chistes un poco picantes los poetizo. Hago chiste en poesía. Tengo varios cuentos de Caperucita Roja, pero puestos en poesía. A veces, en los recitales del grupo poético “Brétema”, hago un dúo con otra compañera y contamos el cuento de Caperucita,pero tergiversado. Yo hago del lobo y ella de Caperucita. Es un tipo de humor un poco picantito sin rayar en la grosería. Todo el mundo ya entiende sin que haga falta decir groserías.
¿Existe un humor gallego? ¿Es el gallego humorista por naturaleza?
Sí, el gallego siempre es humorista por naturaleza. Lo lleva dentro. Ante cualquier cosa, aunque sea una desgracia, tiene ese tipo de humor. Si se resbala una persona con una monda de plátano, la gente no dice “¡ay, pobre, que se cayó!”, sino que todo el mundo se ríe.
¿Empezó a dibujar chistes muy joven?
Nunca se sabe cuándo empiezas. Empiezas de casualidad. Yo creo en la reencarnación y a lo mejor tengo una vena… Tengo antepasados que fueron escritores, poetas. Hubo uno que fue el director de un periódico satírico-político del siglo XIX en A Coruña, El Danzante. Conservo hojas del periódico y fotografías antiguas. Tengo cien fotografías originales de los años 1800 y pico.
¿Qué humoristas le gustaban cuando empezó a hacer viñetas? ¿En quiénes se fijaba?
No me fijaba en ninguno. Normalmente no tengo ganas de leer los chistes de los demás, porque a lo mejor lees un chiste, pasa un tiempo y te viene a la mente un chiste que crees que es tuyo, pero es de otra persona. Y también pasa muchas veces que yo hago un chiste y unos días después sale el mismo chiste en el periódico, porque el humorista ese tuvo la misma idea que yo. Pasa una cosa y comenta, y yo también comento lo mismo.
¿Fue lector de “La Codorniz”?
Sí. Yo leo muy poco, pero La Codorniz algo leía. Aún tengo algunos ejemplares de esos que estaban prohibidos, que retiraban de la circulación. En un chiste salía de la piscina una señora en estado, medio ahogada, y decía el texto: “Por no sacarla a tiempo”. Y en otro había una pareja de novios sentada en un banco y había un chico con una piedra, y decía: “¿La tirará o no la tirará?”. Son chistes para pensar, no de reírse en el momento.
¿Le gusta Castelao?
Sí, tiene un estilo muy particular.
¿Sigue a alguno de los humoristas que publican en la prensa gallega en la actualidad?
Sí, a Gogue. Me gusta mucho, aunque a veces pone chistes del pueblo, que ya son conocidos, pero los escenifica. Le da su toque, su aire, y entonces hacen gracia.
¿Qué opina de Quesada?
Era muy bueno. Lo conocí en 1960, cuando vine a Vigo a trabajar en el Banco Pastor. Cuando hizo falta en esa época un humorista para Faro de Vigo, se presentó y lo aceptaron. Era en tiempo de la dictadura y hacía chistes políticos que no hacían daño en el momento, sino como un segundo pensamiento. Los hacía muy bien. Y las caricaturas de políticos, también. Y los chistes últimos, de maravilla. Era un fenómeno.
¿Cómo definiría su estilo (el suyo, no el de Quesada) como dibujante de humor?
No tengo definición. Me sale. Los dibujos los hago como si fuesen personas, no como otros que dibujan como muñecos. No los critico para nada, cada uno tiene su humor. Son personas más bien antiguas: señores con gorro, señoras con pañoleta. Yo los llamo dibujos con pie, no chistes.
Creo que colabora en “Vigo Deportivo” desde 1977: eso son ya cuarenta años.
Puede ser. Antes salía cada semana y yo hacía dos chistes. Ahora sale una vez al mes y hago solo uno. Y me fastidia mucho porque no tengo la mente preparada. El libro de chistes que hice en 1989 lo hicieron ellos también. Y ahora quieren hacerme otro, pero ya les he dicho que yo no tengo dinero para costearlo. Están tardando tanto que me parece que va a ser póstumo.
Hablemos, pues, de aquel libro de 1989, “Cen chistes en galego”.
Todos se habían publicado en Vigo Deportivo. Se hizo una primera edición de mil ejemplares y los vendí yo todos a mano gracias a Víctor Iglesias Viqueira, que lo anunció en Faro de Vigo. Un par de años después se hizo una segunda edición de otros mil y esos ya los regalé casi todos.
Los chistes de “Vigo Deportivo” no son necesariamente de temática deportiva, ¿no?
No, hago de todo.
¿También chistes políticos?
No, no me meto ni con la política ni con la religión.
Usted colaboró también en “Chan”…
Como leía la revista, les mandé una colaboración y me publicaron tres o cuatro chistes.
Y en “Can sen Dono”
Mis dibujos no iban de acuerdo con la revista. Los que hacían los demás eran todos tipo muñecos, y los míos era tan serios, tan bien hechos, tan perfilados con la plumilla que yo me decía a mí mismo: “Esto no pega aquí”.
Y en “A Peneira”…
Colaboraba con chistes y hacía el escudo heráldico de un apellido, pero empezaron las envidias. No ponía bibliografía, y alguien empezó alguien a decir: “¿De dónde sacas estos escudos? Igual los inventa”. Y dejaron de publicarlos. El director me dijo: “Es que llegó tarde”. “Llegó tarde aquel, pero el siguiente llegó bien”, le respondí. Después, para fastidiar, ponía: “Bibliografía: biblioteca particular”. Pero dejé de colaborar.
¿Le hubiera gustado publicar viñetas en un diario como “Faro de Vigo” o “Atlántico”?
Sí, pero soy muy parado. No me promociono ni busco nada (en Vigo Deportivo, A Peneira, Chan y Can sen Dono nunca me pagaron). Por ejemplo, el conxuro de la queimada. Yo hacía las queimadas en la desaparecida discoteca “Fausto”, en la calle Tomás Alonso [de Vigo]. Hubo una asamblea de turismo galaico-portuguesa en 1974. El dueño mandó hacer fotocopias del conxuro para repartir entre la gente. Y la empresa que hizo las copias –una copistería que había frente al Cine-Teatro Fraga– fue quien comercializó el conxuro de la queimada que anda por todo el mundo. Los primeros llevaban mi firma. Los vendían a 190 pesetas y de comisión me dijeron que me iban a dar un euro. Como no soy materialista, dejé la cosa. Tengo un alma artística, nada más. Un año después fui por ahí y la empresa había cerrado, y la cogieron como cooperativa los empleados. Si fuese otro, me habría hecho socio de la Sociedad General de Autores (SGAE), porque tiene ese conxuro. Hay un grupo musical que lo ha grabado y en la carátula del disco pone: “Propiedad intelectual: Mariano Marcos Abalo” (porque yo tengo la propiedad intelectual desde 2001). Por lo tanto, tuvieron que pedir permiso a la Sociedad de Autores. A lo mejor tiene guardado allí un dinero que me corresponde a mí. Pero no sirvo para esas cosas.
¿Qué recuerda de los Encuentros de Humoristas de O Condado?
Estuve en todos. Eran una maravilla. Todos los humoristas allí contando cosas... Después íbamos a Salvaterra: nos daban de comer, de cenar... Íbamos a veces a Portugal. Fuimos a O Porriño también. Era una cosa preciosa. Un día se me ocurrió pintar un plato, y todo el mundo se puso a pintar platos. Eran unas reuniones tan bonitas, tan apolíticas: de comer, de beber, de cantar... Una cosa extraordinaria. Lo malo es que después el humorismo desapareció de las reuniones y quedó solo la poesía, porque se politizó mucho. Las poesías de los poetas de ahora son todas en contra de todo, y los humoristas –aunque también hay algunos políticos– en general somos solo del humor, de reírnos y de pasarlo bien.
También participó en el I Salón de Primavera y Simposio de Humoristas de Vigo, en 1989.
Expusimos los dibujos en la Plaza de la Princesa. Hablaron de ir todos juntos, porque ya estábamos acostumbrados a reunirnos por los Encuentros de O Condado, y fuimos.
(Mariano recuerda que algunos de los humoristas con los que coincidió en aquellos encuentros ya han muerto: Forxán, Lalo, Quesada… Y aprovecha para hablarme de sus colecciones de esquelas).
Yo los periódicos empiezo a leerlos por las esquelas. Tengo una colección de esquelas con mote. De este año, que solo estamos en marzo, ya tengo 400. Llevo 40 años; debo de tener 50.000 esquelas con mote. Podría estar en el Libro Guinness, pero no estoy porque soy un parado. Me hacía falta una secretaria que me animase, que me dijese: “Tienes que ir aquí y allí”. Todos los años recopilo unas mil. El año pasado tuve 1.600. Las cojo del Faro y de La Voz de Galicia, nada más. Aparte, tengo otro álbum con las esquelas curiosas y otro con erratas. Tengo una de una chica de 22 años que en la esquela pone: su esposo fulanito, su compañero citanito; sus padres políticos: los padres del compañero y los padres del marido. ¿Es comprensible eso? Después tengo otro de nombres y apellidos. Por ejemplo: José Folla Doblado, Melón Blanco, Armando Guerra. Y una señora que tenía una mercería en la calle del Progreso que era Nieves Carrete Morado.
Usted tiene viñetas en el Museo del Humor de Fene…
Sí, tres o cuatro. Fue a consecuencia de las reuniones de Salvaterra. Querían chistes para el Museo del Humor y cada uno dio unas cuantas. Por cierto que no lo conozco.
¿Las viñetas las hace siempre a plumilla y en blanco y negro?
A plumilla las hacía antes. Ahora uso rotuladores: son tan finitos que es mucho más cómodo que andar mojando el tintero. Los dibujos lo hago siempre a blanco y negro. Ahora, cuando pinto un plato, lo pinto en color, y quedan muy lucidos, muy bonitos. Y todo regalado, como las tallas que hago en madera o marfil, o los búhos que pinto en piedras. Yo soy feliz haciendo felices a los demás. Algunos me dicen que tengo que cobrarlos, y a veces tienen razón, porque regalas una cosa y no la valoran como si les costara dos o tres euros. Tristemente es así.
¿Las viñetas las dibuja primero a lápiz o directamente a tinta?
Directamente a tinta. Y los platos también. Cuando fumo un puro, tengo que ir a una terraza, y siempre llevo algo para hacer. Estaba un día haciendo un dibujo y pasó por allí un niño de siete u ocho años con el padre, y se fijó y me preguntó: “¿Y esto cómo te sale?”. Y le dije en plan de broma: “Esto sale con este bolígrafo”. Y me preguntó: “¿Y dónde se compran?”. Se creyó que salía solo del bolígrafo [risas]. Yo soy autodidacta en todo. No aprendí ni poesía, ni dibujo, ni talla en madera ni en marfil... Desde niño andaba siempre con una navaja en el bolsillo, y cualquier maderita la cogía, la tallaba, hacía un hórreo, un cruceiro… Desde niño siempre hice cosas manuales.



Mariano, 1988 (del libro Cen chistes en galego).

Mariano, Queimada, 1994.

Mariano, 2016 (dedicado a la muerte de Quesada).

Mariano, 2016.

Mariano, s/f (del libro Cen chistes en galego).

Mariano, s/f (del libro Cen chistes en galego).

Catálogo del Encuentro de Humoristas de O Condado, 1988.

Catálogo del I Salón de Primavera y Simposio de Humoristas de Vigo, 1989.