O pintor e debuxante José
Luís Axeitos expón a mostra Acuarelas e caricaturas no Liceo de Noia ata
o 28 de xullo.
Son máis de cen obras realizadas
ao longo dos últimos vinte anos.
No apartado da pintura
atopamos moitos lugares ou esceas vencellados a Noia, vila nata do artista.
Na caricatura, o artista
representa unha chea de persoaxes noieses e galegos ben coñecidos, cun
tratamiento humorístico apoiado no trazo de línea. Axeitos chegou colaborar como
caricaturista en El Mundo Deportivo de Barcelona durante un par de anos.
Según o artista, “a
literatura é como quen escribe un chiste, e un cadro é máis similar a unha
novela”.
Axeitos comezou moi cedo a
adicarse á pintura e á caricatura, concretamente no instituto, onde tiña
libretas cheas de debuxos, e sempre compaxinou este labor co seu traballo,
desenvolvido durante anos no eido da impresión dixital.
A exposición foi
inaugurada o pasado 22 de xuño coa asistencia de máis de 150 peroas. Foi
presentada polos coordinadores da sala, Alfonso Costa e José Blanco Abeijón; a
escritora Pilar Sampedro e o directivo do Liceo Emilio. Numeroso público
arroupou o artísta, entre eles o escritor local, Maxi Olariaga; os
historiadores e escritores, Pedro García Vídal, Xerardo Agrafoxo e Lola Arxóns;
os pintores NachRodríguezo Costa e Pio Costa e a gravadora Rosana Calvo, entre
outros.
(Información tirada de El
Correo Gallego)
Foto El Correo Gallego |