Amosando publicacións coa etiqueta Faro de Vigo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Faro de Vigo. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de decembro de 2023

Floreano, o popular personaxe de Gogue, fai hoxe 34 anos

Floreano, o popular personaxe que Gogue debuxa acotío en Faro de Vigo, fai hoxe 34 anos. O caricaturista e humorista gráfico encetou a viñeta o 9 de decembro de 1989, cando levaba xa algún tempo colaborando co xornal como caricaturista.

Floreano acadou axiña unha grande popularidade, coma o resto dos personaxes que foron aparecendo na viñeta, nomeadamente Monchiña -a súa dona- e don Ramón, o cura.

Da popularidade da viñeta da fe un dobre feito absolutamente extraordinario no eido do humor gráfico: tanto de Floreano como de Monchiña erguéronse cadansúa estatua na vía pública. A de Floreano está no Grove, na praza de Arriba, en fronte da casa natal do debuxante. Feita en bronce, é obra do escultor Lucas Míguez e inaugurouse en xullo de 2011. A de Monchiña sitúase desde novembro de 2022 en Cambados, no paseo da Calzada, en fronte do Parador. Foi esculpida tamén por Lucas Míguez.

Floreano transcendeu ademais as fronteiras de Galicia e mesmo de España, acadando unha boa acollida en países como Portugal e os EEUU. En Portugal participou na mostra "O humor na banda deseñada internacional" na XXII edición do Festival de Banda Deseñada de Amadora (2011), canda Caitano, o personaxe creado polo tamén galego Xaquín Marín na revista Teima de Santiago en 1976.

Canto aos EEUU, Gogue foi impartir un masterclass na Universidade de Moorhead en 2005 e deixou unha exposición permanente de Floreano.

Nos EEUU, Gogue goza tamén de sona como caricaturista, faceta na que leva colaborando moitos anos con xornais e revistas como El Tiempo Latino, o xornal en castelán editado por The Washington Post para o público hispano.

Viñeta de Floreano publicada por Gogue hoxe 9 de decembro de 2023 para celebrar o aniversario do personaxe.


xoves, 28 de xuño de 2018

Os monos de Laxeiro


A Fundación Laxeiro acolle en Vigo ata o 16 de setembro a exposición Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa, que reúne por primeira vez todas as viñetas de humor que o pintor de Lalín publico una prensa. Trátase de 49 cadriños, que viron a luz entre 1928 e xaneiro de 1930 en Faro de Vigo –as 10 primeiras– e El Pueblo Gallego –as 39 restantes–. A Fundación Laxeiro promoveu, ademais, a edición por parte de Laiovento dun libro do mesmo título que, canda as 49 viñetas, inclúe tres textos introdutorios, obra de Javier Pérez Buján –director artístico da Fundación–, Manuel Igrexas –comisario da mostra, que ten estudado polo miudo estes monos do artista lalinense– e eu mesmo, que trato de contextualizar este traballo de Laxeiro no humor gráfico galego do seu tempo, sen dúbida a idade de ouro do xénero, encetada por Castelao.

A referencia bibliográfica do meu texto é:

CABALLERO, F. (2018). Laxeiro e a idade de ouro do humor gráfico galego. En Laxeiro, Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa. Vigo: Laiovento, pp. 31-42.

Polo seu indubidábel interese, fago a continuación un amplo extracto do artigo de Manuel Igrexas, no que explica a orixe e as características destes monos de Laxeiro.

---

Existen poucas referencias sobre Laxeiro como humorista gráfico. Entre as biografías do pintor, o libro de Antón Castro, Laxeiro: A invención dun mundo, infórmanos dalgunhas colaboracións gráficas ou viñetas que publicara na revista Céltiga e nos xornais Faro de Vigo e El Pueblo Gallego, no período de 1928 a 1930. Pouco di o profesor Castro sobre elas, a non ser para resaltar as calidades de Laxeiro como “debuxante sinxelo e intuitivo”.

Logo de facer unha investigación sistemática neses xornais, para localizar e inventariar esas colaboracións, o resultado foi a aparición de 49 deseños, entre viñetas e debuxos, repartidos nos xornais vigueses Faro de Vigo e El Pueblo Gallego. Na revista Céltiga de Buenos Aires só apareceu unha viñeta, no número 139 do 10 de outubro de 1930,  reprodución da publicada anteriormente en El Pueblo Gallego; tamén se reproduciron no periódico bonaerense El Despertar Gallego outras dúas viñetas, nos números 159 e 160 do 17 de novembro e 1 de decembro de 1929, recollidas así mesmo de El Pueblo Gallego.

A primeira colaboración do noso pintor foi publicada no Faro de Vigo do 13 de setembro de 1928. Nesta época, con vinte anos, logo do retorno de Cuba por mor dunha enfermidade pulmonar en 1925, viviu en Lalín, onde se dedicou ao oficio de barbeiro, debuxando sen descanso a clientes e paisanos. Eses foron os seus primeiros modelos nunha etapa de verdadeira formación. Nesta época converteuse nun debuxante compulsivo que sempre se acompaña de lapis ou pluma e papel. Non é coñecido como pintor fóra do ámbito comarcal. En 1928 toma contacto con Manuel Colmeiro, o pintor de Silleda, a quen lle ensina os seus traballos que, segundo o propio Laxeiro, lle gustaron moito. Colmeiro viña publicando algúns debuxos no Faro de Vigo dende febreiro dese ano, colaboracións que se estenderon até marzo de 1929, e fixera a súa primeira exposición en agosto na cidade de Vigo, xustamente no Salón do Faro. É posíbel que fose Colmeiro quen animara o de Lalín a enviar os seus traballos ao xornal vigués.

Por outra parte, e tamén finais de agosto dese ano de 1928, comezou a traballar como correspondente de Faro de Vigo en Lalín o xornalista e poeta Xesús Froiz, amigo de Laxeiro, e co que despois coincidiu na militancia do Partido Galeguista. Froiz tiña xa unha grande experiencia como xornalista, iniciada no quincenal local Verdad y Justicia, e logo continuada como colaborador de La Zarpa. Nas súas crónicas da vida de Lalín, Xesús fai gabanzas da calidade dos debuxos e retratos de Laxeiro. Mesmo menciona que en outubro de 1928 estivo exposto no escaparate da xastrería El Buen Gusto, que rexentaba o seu pai Gerardo Froiz Collazo, un retrato do avogado de Pontevedra Isidoro Millán feito por Laxeiro, que foi moi eloxiado por todos os veciños. Esta é, de certo, a primeira exposición de Laxeiro.

Non é difícil conxecturar que foi a través do mesmo Xesús Froiz, fillo de labregos como Laxeiro e moi vencellado ao agrarismo, como estas primeiras colaboracións chegaron a materializarse. Así se deduce no entusiasmo con que o mesmo Froiz presentaba a segunda das colaboracións do artista de Botos, N’o día da festa, que se publicou no especial das festas patronais da vila de Lalín.

No Faro publicou Laxeiro dez monos durante o período que vai de setembro de 1928 a marzo de 1929. A fin da súa colaboración co xornal vigués debeu de estar relacionada co feito de que o seu valedor, o xornalista Xesús Froiz, deixou a correspondencia de Faro de Vigo en Lalín en xuño de 1929. Aínda así, no Faro apareceu serodiamente unha viñeta en setembro dese ano, cando xa levaba tempo colaborando co outro xornal vigués, El Pueblo Gallego.

Durante catro meses non apareceu na prensa ningún debuxo do noso pintor. Pero a partir de xullo, iniciou as colaboracións en El Pueblo Gallego, xornal que tiña como correspondente en Lalín outro seu amigo, José Mª Calviño, carteiro na vila dezá, amigo de Otero Pedrayo e Florentino Cuevillas, vencellado ao movemento agrarista e tamén correspondente de La Zarpa. Os dous foron compañeiros de militancia no Partido Galeguista a partir de 1934, cando se constituíu o grupo de Lalín, no que Xosé Otero acabou sendo o bibliotecario da xunta directiva elixida ao ano seguinte.

En El Pueblo Gallego publicou un total de 38 monos e un debuxo. O primeiro apareceu en xullo de 1929 e o derradeiro en xaneiro do ano seguinte. Todos na primeira páxina do xornal, o que dá idea da estima que adquire como debuxante neses momentos.

A partir de agosto de 1929, Laxeiro deixa de publicar dun xeito esporádico os seus monos para converterse en colaborador fixo de El Pueblo Gallego ata finais dese ano. Aparecen os seus debuxos practicamente cada dous ou tres días (cando non diariamente), o que tivo que supor unha grande dedicación do noso pintor a esta faceta.

Podemos conxecturar que o artista abandonou esta actividade a principios de 1930 para concentrarse na súa obra pictórica, coincidindo coas leccións que recibe en Vigo do pintor arxentino Enrique Larrañaga.

Nos monos podemos apreciar a capacidade de Laxeiro para achegarse á antropoloxía galega, unha antropoloxía vivida na propia carne e da que, non obstante, sabe distanciarse para retratar con crueza costumes e condutas. Poderiamos falar destes debuxos como dunha socioloxía primaria ilustrada do mundo labrego do primeiro terzo do século XX.

O tipo de humor é choqueiro con certas doses de picardía e aparece case sempre como desenlace dun diálogo entre as personaxes.

Polo que respecta aos temas que trata, os máis habituais son os referidos ao mundo rural, que demostra coñecer moi ben. Son aspectos da vida na aldea, como as conversas entre os vellos e os seus achaques e enfermidades, as relacións entre homes vellos e mozas novas (tema moi recorrente, pois as vodas entre vello rico e moza nova eran obxecto da burla popular; con este motivo facíanse as cinzarradas ou chocalladas, nas que os mozos tocaban chocas, cornos, caldeiros, potas e todo aquilo que podía facer ruído e improvisaban cantigas ríndose dos contraentes. Destes episodios tiña o noso pintor un coñecemento moi directo por ser activo participante nalgunhas delas), os xeitos de mocear, o parrafeo ou falar dos namorados, a borracheira, a taberna, os velorios, a figura do cura, as feiras, as novas modas das mulleres, as diversións dos rapaces... En moi poucos aparecen asuntos da actualidade política ou social.

Os debuxos serven como frisos das personaxes, como un libro aberto de costumes e escenas humorísticas. O debuxante convértese en retratista dun mundo rural (a comunidade agraria tradicional) que está a piques de desaparecer. Unha cultura agraria moi pautada e ritual, pero que permite espazos de ruptura (entroidos, fiadeiros, esmorgas...), sempre que se retorne á norma.

As feiras, lugar onde Laxeiro exercía a súa profesión de barbeiro, e onde recollía moitas das súas personaxes, foron unha constante fonte de inspiración na obra do noso artista.

Na parte letrada dos monos destaca o uso exclusivo do galego, lingua que empregan todas as personaxes e que lles serve como distintivo; os títulos están tamén sempre en galego. “En el estudio” é un caso singular na serie, xa que é o único no que non se emprega a lingua galega. Trátase dun diálogo entre un pintor e a modelo, que acontece no estudio do artista. Nin as personaxes son labregas, nin a acción se desenvolve no medio rural, por iso Laxeiro os pon a falar en castelán, deixando así patente a situación diglósica do galego.

Percíbese nestes monos o talento para o debuxo de Laxeiro e algunhas das características do que logo sería o seu estilo. A súa formación como debuxante vénlle das clases nocturnas da sección de Belas Artes da Escola Concepción Arenal do Centro Galego, e do seu traballo como proxectista de vidreiras na Habana. Algúns críticos atribúenlle precisamente ao deseño de vidreiras o gusto pola liña grosa e destacada de contorno na súa dicción plástica. En xeral, o estilo dos debuxos é sinxelo, inxenuo e ás veces arcaizante; aínda que se percibe tamén nalgúns unha certa evolución e a experimentación de novas formas.

Son viñetas que retratan homes e mulleres do ámbito rural. As figuras aparecen moitas veces sobre un fondo neutro, branco ou raiado, ou con leves indicios do que os rodea: unha aldea, as pedras dun camiño, a rúa dunha vila, a taberna.

Na maior parte das viñetas, as personaxes están retratadas cunha sinxela liña sinuosa a tinta sobre fondo branco, o que imprime unha idea de “facilidade” ou rapidez ao debuxo. Outras veces, as menos, traballa os perfís a base de trazos curtos, dando idea de volume no que se representa; semella unha ilustración de natureza retratística, na que a propia imaxe non precisa do texto para falar.

Un terceiro tipo de viñetas son aquelas en que o trazado é máis definido e contundente, a mesma liña define coa súa potencia as bases do claroescuro, engrosándose nas partes máis escuras da imaxe, e afinándose naquelas en que a figura recibe a luz. “Pra diante” e “E inda veremos” son probablemente os máis innovadores de toda a serie, especialmente o primeiro, no que Laxeiro nos achega unha imaxe case cubista.

Algúns dos monos sen pé non pretenden ser humorísticos, senón máis ben caricaturescos, e noutros imítase a técnica do gravado pero con volume e unha certa profundidade de campo, conseguidos a través dun xogo de sombras.

Cando o debuxo non conta só, senón que se apoia no texto, acostuma ser menos traballado, tamén máis solto, sintético e narrativo, non tanto en detalles de escena, senón en sentido literario.

Laxeiro ten presentes os grandes humoristas gráficos galegos que publicaban na prensa da época: Manuel Torres, o propio Castelao e Vidales Tomé son os máis importantes, os que teñen un estilo máis definido, e dos que podemos percibir as influencias nestes monos do de Lalín. Nalgúns é apreciábel tamén a pegada de Maside.








venres, 24 de novembro de 2017

Descubren varias tiras cómicas inéditas del pintor y escultor vigués Pedro Solveira



Los hijos del pintor y escultor vigués Pedro Solveira, fallecido el pasado mes de agosto XXX, están trabajando en la catalogación de su obra para realizar un catálogo razonado y en la constitución de la fundación que velará por su legado. Entre el material hallado entre los cientos de apuntes, dibujos y bocetos que conservaba el artista en su casa, han aparecido varias tiras cómicas, inéditas, la mayoría de las cuales fueron realizadas durante su estancia en ciudades como Nueva York, París y Londres, según informó Faro de Vigo en su edición de hoy

“En ellas se retrata pintando, en el estudio, en el paraíso. Son dibujos de juventud que muestran el humor que él tenía y su amor por la celebración, porque a él le encantaba celebrar. Cuando cumplió los 80 ya organizó un fiestón y quería montar otro para celebrar los 85”; explicó al diario decano su hijo Ricardo Solveira.

El pintor cumpliría hoy 85 años y con motivo de este aniversario, y a modo de homenaje, sus hijos han facilitado a Faro de Vigo una de las viñetas que el artista realizó en la década de los setenta en la que se retrata en las puertas del cielo, y un texto, escrito a mano un año antes de fallecer, en el que bromea sobre su futuro epitafio. "¿Me guardas un secreto? Ya tengo pensada la frase para decir cuando me muera. Pero para que impresione más voy a pronunciarla después de muerto. ¿Qué? ¡A que te dejé sin habla!", reza la frase.

---

Pedro Solveira nació en 1932 en el barrio de Teis en Vigo. Hijo de un mecánico experto en motores, a los 12 años entra en La Metalúrgica, en la sección de dibujo y diseño. En 1949, con 17, se marcha a París, donde conoce al arquitecto Rafael Leoz, a través del cual entra en contacto con Le Corbusier, que lo impacta de forma tremenda.

Volvió a Vigo en 1955 tras pasar por la Escuela Massana. Al final de los años 50 y en los 60 sus obras empiezan a exponerse fuera de Galici, pero es en realidad en los 70 cuando comienza su trayectoria expositiva internacional: Caracas, Buenos Aires, Génova, París, Ginebra, Tokio, Berlín, en Nueva York firma contrato con la Fontainebleau Gallery, que lo lleva por Cleveland, Chicago, Detroit, Boston...

En los 80 reanudó sus muestras repitiendo en la capital británica, Nueva York, México, Brasilia, Buenos Aires, Sao Paulo, Budapest, Praga... En 1996 Caixavigo le hace una Antológica de su serie Grandes Artistas Gallegos y en 2010 el Ayuntamiento de Vigo le organiza una magna exposición en la Casa das Artes, titulada O que pasou e o que está a pasar.

Falleció el 28 de agosto de 2017 en  su casa de A Guarda a los 84 años, vícitma de un cáncer contra el que luchó los últimos meses.
La tira cómica de Solveira cedida por sus hijos a Faro de Vigo.

luns, 14 de novembro de 2016

Fernando Quesada: profeta en Galicia, ilustre en Madrid



Félix Caballero

Fernando Quesada Porto (Ourense, 27 de agosto de 1933-Vigo, 17 de junio de 2016, a los 82 años) es uno de los humoristas gráficos gallegos y españoles más relevantes de los últimos 50 años. Su colaboración diaria en Faro de Vigo durante medio siglo (1961-2011) tiene pocos paragones en la prensa española e hizo de él durante las décadas de 1970 y 1980 el humorista gráfico más popular en Galicia, con un extraordinario éxito de ventas de sus antologías de viñetas. Pero para entonces ya era el dibujante gallego de humor más prestigioso en Madrid merced a su colaboración desde 1964 durante cinco lustros en lo mejor de la prensa de la capital (Arriba, Pueblo, ABC, La Codorniz, Cambio 16, Interviú), sin dejar nunca de vivir en Vigo ni de publicar en Faro. Fue, además, el primer humorista gráfico español que caricaturizó a miembros del Gobierno en ejercicio después de la Guerra Civil.

 

Una familia de artistas


Fernando Quesada nació en el seno de una familia con más de una veintena de artistas plásticos. Era hermano, marido, padre y tío de pintores e ilustradores. Fue el segundo de seis hermanos, dedicados todos al mundo del arte y la cultura. Xaime (1937-2007), que firmaba sus obras como Quessada, con dos eses, y Antonio (1932-2015) han destacado como pintores. Carlos (1936) y Fernando han brillado como dibujantes e ilustradores. María Teresa (Marieta) ­–la única mujer– se ha significado en la elaboración de tapices. Heriberto (1935), por su parte, siguió la senda del periodismo y fundó varias revistas y agencias de noticias. En 1999, el club cultural Alexandre Bóveda de Ourense rindió un homenaje a los seis hermanos destacando su “polifacética labor cultural”.

Hay que añadir que Fernando también cultivó la pintura. En él, el pintor y el caricaturista son inseparables. Su estilo, siempre con humor, es libremente realista, barroco en el fin, bordeando el expresionismo. Sus pinturas se caracterizan por una mancha suelta y un cromatismo exultante, caliente, en los que nunca desaparece el buen dibujo en el que se asientan, como ha escrito el crítico de arte y periodista Francisco Pablos. Novacaixagalicia organizó en Vigo del 5 de octubre al 6 de noviembre de 2011 una exposición antológica de su obra como pintor.

Fernando se casó, además, con una relevante pintora (Ana Legido, 1939-2012), y la segunda generación de la familia Quesada también está muy vinculada al mundo del arte, con nombres propios como los pintores María Teresa (Marieta) y Alejandro (Yayo) Quesada, hijos del humorista gráfico; el también artista plástico Xaime Quesada (ya fallecido, hijo del pintor del mismo nombre); la ilustradora María Fe (Maife) Quesada y el escultor y pintor Antonio (Toño) Quesada, hijos de Antonio, o el diseñador Herikberto Muela, hijo de María Teresa.
 

Funcionario de Hacienda

Fernando Quesada estudió Profesorado Mercantil y luego, en 1958, ingresó en el cuerpo de gestión de la Hacienda Pública, como su padre, donde llegó a ser inspector jefe del Servicio de Vigilancia Aduanera en Vigo hasta su jubilación en 1998.

Fue, pues, funcionario durante 40 años. Un caso similar al de otro de los humoristas gráficos gallegos más importantes de las últimas décadas, orensano también, Xosé Lois, aunque este en el área de las telecomunicaciones. Xosé Lois, más conocido como O Carrabouxo por el personaje que dibuja diariamente en el diario La Región desde 1982, fue jefe provincial de Telecomunicaciones en Ourense durante 36 años hasta su jubilación, en abril de 2009.
 

Medio siglo en Faro de Vigo


Fernando Quesada colaboró diariamente en Faro de Vigo durante cincuenta años, de 1961 a 2011. Una insólita historia de fidelidad profesional superada solo por Antonio Mingote (1919-2012), que estuvo ligado al diario ABC durante casi 60 años (1953-2012). El dibujante orensano se convirtió enseguida en el gran editorialista gráfico de Faro, llenando el vacío existente en este sentido desde las décadas de 1920 y 1930, en las que Federico Ribas (1890-1952), primero, y Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950), después, desempeñaron brillantemente este papel. De este prolongado trabajo, cuantificado en más de 24.000 viñetas, dio fe la exposición Quesada, 50 anos de humor en Vigo, comisariada por su hijo Yayo, que se pudo ver en el Centro Social Novacaixagalicia de la ciudad olívica del 18 de mayo al 12 de junio de 2011.

Su primera viñeta fue publicada el 3 de junio de 1961. Era un chiste sobre el conflicto de Berlín, donde meses después se construiría el tristemente famoso muro. Salían el presidente de los EEUU, John F. Kennedy; el de Francia, Charles De Gaulle; y el primer ministro británico, Harold MacMillan, caracterizados de toreros; el líder soviético Nikita Kruschev como toro; y el expresidente estadounidense Dwight D. Ike Eisenhower advirtiendo a Kennedy desde la barrera.

Quesada se había presentado espontáneamente en la redacción de Faro con una carpeta con sus mejores dibujos, pidiendo hablar con el director, Francisco Leal Ínsua. Fue recibido por José Díaz Jácome –redactor jefe y futuro director de La Voz de Asturias, de Oviedo–, a quien le gustó tanto su trabajo que publicó la primera viñeta al día siguiente y en portada, a pesar de despedir al joven dibujante sin aclararle nada sobre sus pretensiones. Para Quesada fue una gran sorpresa ver al otro día su caricatura en el periódico.

Durante sus primeros tiempos en Faro de Vigo, Quesada hacía caricatura internacional, una de las pocas vías de escape que la férrea censura de la época dejaba a los humoristas, junto a la caricatura municipal, y siempre con muchos reparos.

La viñeta de Quesada se publicaba bajo el epígrafe “Así va el mundo”. En ella caricaturizaba a los principales líderes mundiales de la época, como John F. Kennedy y Richard Nixon (EEUU), Nikita Kruschev y Leónidas Breznev (URSS), Harold Wilson y Harold MacMillan (Gran Bretaña), Charles De Gaulle (Francia), Fidel Castro (Cuba), Golda Meir (Israel) o Indira Gandhi (India).

Quesada publicó su última viñeta en Faro de Vigo el 31 de julio de 2011. En ella recupera una autocaricatura de 1969, que fue portada del libro antológico Quesadas, publicado por la editorial Ir Indo en 1994.

 

Éxito fulgurante en Madrid


Después de la Guerra, y antes de 1966, el humor gráfico español languidece asediado por la censura, con el único reducto del ingenio de La Codorniz. En provincias, la situación era, si cabe, aún peor que en Madrid. La precariedad económica y el desinterés por las secciones de humor serán la pauta dominante en los periódicos. Se recurre al recorte de viñetas o se prescinde de ellas, y los dibujantes se ven obligados a marcharse a los diarios de Madrid o Barcelona.

La inexistencia en España de una prensa regional fuerte impedía la aparición de un humorista gráfico regional importante, como fue en su tiempo el Castelao de Faro de Vigo. Como consecuencia de las dificultades económicas, la modesta difusión y el anquilosado conservadurismo de la prensa de provincias, el dibujante de humor que empezaba en ella se encontraba enseguida ante tres únicas soluciones: abandonar el oficio, resignarse al amateurismo provinciano (lo que hizo, por ejemplo, un contemporáneo de Quesada, Atomé, o emigrar a Madrid o Barcelona.

El caso de Quesada fue realmente singular, pues emigró a la capital de España sin vivir nunca allí ni dejar de colaborar diariamente en Faro de Vigo. Pero lo cierto es que durante varios lustros años publicó con éxito en las mejores cabeceras de Madrid. Comenzó en 1964 en Arriba, el diario de la Prensa del Movimiento que dirigía el gallego Manuel Blanco Tobío, y en 1969 Emilio Romero se lo llevó al vespertino Pueblo. También colaboró con ABC y las revistas La Codorniz, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Actualidad Española, Telerradio, Posible y Leer, algunas de ellas fundadas o dirigidas por su hermano Heriberto.

Enseguida cosechó un gran éxito popular y profesional, que se tradujo en un montón de importantes premios, empezando por el Mingote ya en 1969. En 1981 ganó el Plomada Horizontal, el galardón que la empresa Agromán concedía todos los años a la mejor viñeta sobre la construcción, dentro de la convocatoria de sus premios Paleta Agromán. Quesada recibiría también muchos otros premios, como Populares de Pueblo (1977, compartido con José María Pérez González, Peridis), Moros y Cristianos, Premio de la Organización Nacional de Ciegos de España (ONCE) y la Vieira de Oro (de la Enxebre Orde da Vieira, colectivo de profesionales gallegos en Madrid).

En Galicia fue distinguido con el Premio Galicia de Comunicación (de la Xunta de Galicia, en dos ocasiones), el Curuxa de Humor (del Museo del Humor de Fene) y el Reconquista (del Ayuntamiento de Vigo).

El rápido éxito cosechado por el humorista orensano en Madrid hizo que enseguida recibiese atractivas ofertas para trasladarse a vivir a la capital. Pero Quesada las rechazó todas, porque “no quería dejar tirado a Faro de Vigo”, según su hijo Alejandro. Por eso, mandaba todos los días su viñeta en el tren expreso que salía de la ciudad olívica a las 20.15 horas.

 

Pionero de la caricatura política nacional


Según afirma Iván Tubau en su libro El humor gráfico en la prensa del franquismo, Quesada se convirtió en Arriba en el primer humorista gráfico español que, al suprimirse la censura previa con la promulgación de la Ley de prensa e imprenta de 1966, empezó a sacar con asiduidad ministros españoles ejercientes en sus chistes.

Se trataba de una labor llena de dificultades, pues si bien la censura previa había sido derogada, la Ley de prensa e imprenta –llamada también Ley Fraga por haber sido inspirada por el entonces ministro de Información y Turismo, Manuel Fraga– incluía una serie de fuertes restricciones al libre desarrollo del periodismo, especialmente en su artículo 2, que obligaba a los medios de comunicación a acatar “la Ley de Principios del Movimiento Nacional y demás Leyes Fundamentales”.

A estas dificultades se refería Tubau en su libro:

“Unha empresa casi quijotesca, abocada al fracaso absoluto o relativo: [Quesada] si se queda corto, no llega; si se pasa, no pasa. (…) Así, su campo de acción se ve muy reducido y tiene que recurrir con demasiada frecuencia a la alusión desvaída y al abuso de rótulos y simbolismos recargados que pretenden expresar lo coyunturalmente inexpresable. Su dibujo y su humor salen bastante perjudicados en esta especie de torneo desigual”.

 

Una extraordinaria popularidad en Galicia


Hacia 1970, Quesada era ya un humorista con popularidad y prestigio en toda España merced a sus colaboraciones en la prensa de Madrid. Un humorista galardonado incluso con el Premio Mingote, como ya se ha dicho. Es a partir de entonces cuando se convertirá también en un dibujante extraordinariamente popular en su tierra, Galicia.

Con la tímida apertura de los setenta, Quesada fue ganando pieza a pieza los límites de la temática de sus chistes, explorando la cotidianidad de la cultura tradicional y empleando, ya desde 1970, la lengua gallega como la principal de sus viñetas. Es entonces cuando aparecen sus personajes más característicos y divertidos: los labriegos maestros de la retranca, los afiladores que llevan media hora pidiendo paso entre el tráfico rodado, los emigrantes sentados en sus maletas, los albañiles y los canteros que manejan petrodólares, los gameleiros que adelantan en cambio de rasante...

Como ha escrito Pablos, su visión de una Galicia elemental, marinera y rural, es tan peculiar que alcanza el rango de emblemática, más que tópica, hasta el punto de que para casi todo el mundo los paisanos del país son como Quesada los interpreta, “cachazudos e retranqueiros".

“… Quesada é un artista que reinventou un país. Tanto é así que un xa non sabe se é que sintetiza os paisanos ou é que os paisanos acabaron por ser, falar, comportarse como os pinta Quesada, que tamén sería posible e ata probable. A retranca, a sutileza, a ironía, a picardía, apréndese mellor no traballo cotián do noso chisteiro ca en tódolos tratados de costume”.

Quesada se convirtió así en el humorista gráfico más popular de Galicia, sobre todo en el campo de influencia de Faro de Vigo. Sus viñetas llenaron las paredes de las tabernas de las aldeas y villas gallegas y fueron recogidos en cinco libritos de la colección “O Moucho” de Ediciones Castrelos, la editorial que dirigía Xosé María Álvarez Blázquez. Titulados genéricamente Chispas da roda, se editaron en 1971 (nº 23 de la colección), 1973 (nº 31), 1974 (nº 43), 1976 (nº 51) y 1979 (nº 58). Tuvieron una gran demanda, a juzgar por las reediciones que de casi todos se hicieron (ocho del primero, cinco del segundo, cuatro del tercero), hasta el punto de convertir a su autor en el más vendido de todo el sistema editorial gallego. El humorista orensano es, además, quien repite más entregas en la colección “O Moucho”, por delante incluso de dos mitos del galeguismo como Castelao (cuatro títulos) o Ramón Otero Pedrayo (dos).


Primera viñeta de Quesada en Faro de Vigo, 3-6-1961
Nikita Kruschev y Fidel Castro, Faro de Vigo, hacia 1961.

Última viñeta de Quesada en Faro de Vigo, 31-7-2011.

Premio Plomada Horizontal 1981.

Portada del primer volumen de Chispas da roda.
Los labriegos típicos de Quesada, Faro de Vigo, 1982.