mércores, 10 de maio de 2023

Flavita Banana gaña o Premio Mingote

 A debuxante asturiana Flavia Álvarez-Pedrosa Pruvost, mellor coñecida como Flavita Banana, vén de gañar o premio Mingote 2023. A ilustración merecente -publicada en El País o 18 de xullo de 2022- é crítica coas novas tecnoloxías e as maneiras contemporáneas nas que investimos o lecer. A artista é coñecida polo seu  humor acedo e tenro, moitas veces vencellado a ideas feministas e que se adoita presentar mediante escenas cotidiás.

Flavita é a 50 gañadora do Premio Mingote desde a súa creación en 1966. O primeiro galardoado foi o propio Mingote. Entre os gañadores figuran Tono, Mena, Máximo, Peridis ou Chumy Chúmez. Tamén o gañaron dous galegos: Quesada e Pinto & Chinto.

A viñeta gañadora (El País, 18-7-22).


Ningún comentario:

Publicar un comentario