Camilo Díaz Baliño é o homenaxeado no Día da Ilustración 2018, que se celebra hoxe, 30 de
xaneiro, data do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Con este
motivo, protagoniza a exposición Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada, que organiza a Biblioteca de Galicia, de Santiago de Compostela, e que se poderá
ver aí desde hoxe ata o 7 de marzo. Esta é a terceira edición desta
efemérides. A primeira dedicouse a Castelao e a segunda a Álvaro Cebreiro.
A mostra está formada por 54 pezas e
inclúe unha caricatura de Díaz Baliño realizada por Cebreiro, debuxos orixinais
do artista para distintas escenografías, un álbum con fotografías, un manuscrito
e debuxos do artista homenaxeado sobre a cabalgata que se celebrou co gallo da
celebración do 25 de xullo de 1926, diversos manuscritos de membros das Irmandades
da Fala e exemplares de libros con capas deseñadas por el.
O Día da Ilustración pretende “destacar o papel imprescindible” que
desenvolveron “os ilustradores nas industrias culturais”, así como “revalorizar
a calidade do traballo” que se realiza en Galicia, “recoñecido dentro e fóra
das fronteiras” da comunidade autónoma, segundo afirmou o secretario xeral de
Cultura, Anxo Lorenzo, na presentación da iniciativa.
Lorenzo engadiu que coa data tamén se busca “render homenaxe ás figuras que contribuíron a impulsar no pasado a Ilustración galega”, cun labor que "cómpre lembrar e espallar”.
Lorenzo engadiu que coa data tamén se busca “render homenaxe ás figuras que contribuíron a impulsar no pasado a Ilustración galega”, cun labor que "cómpre lembrar e espallar”.
Para impulsar a conmemoración deste
día, a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e a Consellería
de Cultura e Educación puxeron en marcha a web www.diadailustracion.gal, na que
se atopan os principais recursos vinculados coa data e o cartel descargable con
todas as actividades.
Camilo Buenaventura Díaz Baliño naceu
en Ferrol o 14 de xullo de 1889. Escritor, artista gráfico e intelectual
galeguista, era irmán dos tamén artistas Indalecio, María Dores e Ramiro Díaz
Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo e avó de Xosé e Rosendo Díaz Castro.
Foi o escenógrafo galego máis
importante da súa época e un dos artistas gráficos máis destacados da historia
de Galicia. Na prensa galega do seu tempo, sobre todo n' A NosaTerra,
publicou ilustracións, viñetas de humor e relatos. Foi autor do libro Conto de guerra (1928).
En 1917 entrou en contacto coa empresa cinematográfica Fraga, para a que realizou carteis e escenografía. En 1920 instalou en Santiago un obradoiro de arte –onde traballou o seu filo Isaac–que sería un dos centros dinamizadores da plástica galega e do nacionalismo.
Traballou como delineante na diputación Provincial da Coruña e, máis tarde, como funcionario para o Concello de Santiago, sendo asesor artístico do alcalde.
En 1917 entrou en contacto coa empresa cinematográfica Fraga, para a que realizou carteis e escenografía. En 1920 instalou en Santiago un obradoiro de arte –onde traballou o seu filo Isaac–que sería un dos centros dinamizadores da plástica galega e do nacionalismo.
Traballou como delineante na diputación Provincial da Coruña e, máis tarde, como funcionario para o Concello de Santiago, sendo asesor artístico do alcalde.
Na súa mocidade militou nas filas do
tradicionalismo, colaborando con asociacións e publicacións de carácter
confesional, como O Eco de Galicia, o Boletín do Círculo Católico de Obreiros
ou o Patronato Católico de Obreiros.
En 1918 entrou nas Irmandades dá Fala
e desñou a súa bandeira. Comezou a participar en publicacións de carácter
galeguista como Ser, Lar, Nós
e A Nosa Terra. As experiencias do
primeiro bienio republicano leváronlle a posicións máis de esquerdas, identificándose
co sector máis radical do Partido Galeguista. Desde o seu taller de propaganda,
no que traballaba o seu fillo Isaac, toma partido a prol da Fronte Popular e do
Estatuto de Autonomía de Galicia.
Tras o alzamento militar do 18 de
xullo de 1936 foi detido e levado a prisión onde pasou un amargo tempo
debuxando os seus compañeiros de cativeirio. O 14 de agosto dese ano atópano
asasinado nun foso da parroquia de Meixide, en Cerceda. De aí o título da
exposición coa que se lle homenaxea neste Día da Ilustración. Soterraron ou
corpo, pero non foron quen de soterrar ou xenio.
En 1959 foi descuberto un busto de
bronce no Cantón de Molíns, en Ferrol, roubado en 2007 e reposto en 2011.
Camilo Díaz Baliño co seu fillo Isaac, en 1925. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario