Xa está á venda desde o pasado mes de novembro O Bichero VII. De punta a chicote, a sétima entrega dos
recopiltarios anuais da sección que co mesmo nome publica en Faro de Vigo o humorista gráfico Luís
Davila desde 1998.
Como os volumes anteriores, trátase dunha escolma das mellores viñetas
publicadas polo debuxante de Bueu ao longo do ano que vén de rematar, neste
caso 2017. Davila é o propio editor do libro, fórmula que ten adoptado desde
2014. Os tres primeiros números da serie (O
Bichero, O Bichero II. Outra ronda e O Bichero III. Non hai dous sen tres) foron publicados en 2009, 2010 e 2011,
respectivamente, pola Federación de Comerciantes e Industrias do Morrazo, mais o
humoristas reeditounos pola súa banda en 2014 e desde entón autoedita cada ano
unha nova achega.
O
humorista de Bueu está a obter un éxito popular extraordinario tanto coa súa
sección no xornal como cos seus libros e con todos os produtos de merchandising vencellados á serie.
FICHA
DO LIBRO
Autor: Luís Davila
Editorial: Edición do autor
Año de edición: 2017
Materia: humor
ISBN: 978-84-697-7050-4
Páginas: 130
Encuadernación: paperback
Ningún comentario:
Publicar un comentario