luns, 20 de marzo de 2017

Pepe Carreiro: “Deixei de publicar nos diarios pola censura, porque queren xente dócil. O humorista ten que poñer un espello, e á xente non lle gusta que llo poñas”



Por Félix Caballero
(Extracto da entrevista publicada no meu libro O humor en cadriños, editado por  Rinoceronte en 2012). 
Pepe Carreiro é un dos humoristas gráficos galegos máis críticos, un dos mellores expoñentes de que o viñetista pode e debe actuar coma un editorialista,  mais a censura retirouno da prensa diaria e agora anda refuxiado nas revistas.
Xosé Carreiro Montero naceu en Vigo en 1954. Comezou a debuxar moi novo, influído polos personaxes da editorial Bruguera, á que se atreveu a enviar algún traballo cando aínda era só un adolescente.
A súa andaina profesional principiou en 1977 coa banda O fillo de Breogán no voceiro comunista A Voz do Pobo, ao que seguiu O galo Camilo en Teima. Colaborou en Faro de Vigo, La Voz de Galicia, El Mundo, El Pueblo Gallego, Diario de Galicia, Xornal de Galicia, A Nosa Terra e A Peneira, entre outras publicacións, con viñetas cargadas de crítica social e política. Actualmente publica nas revistas A Trabe de Ouro e Tempos Novos.
Foi un dos fundadores das revistas de humor gráfico e literario Can sen Dono e Xo!, que levaba por subtítulo A voz que cala as bestas.
No ano 2000 comezou a publicar na editorial A Nosa Terra a serie infantil Os Bolechas, protagonizada por unha familia numerosa que fai da vida cotiá unha aventura, e da que se editaron máis de 300 títulos. O proxecto conta agora co pulo da produtora Bolanda e chegou mesmo á TVG.
Publicou dos libros de recompilación de viñetas: Fraga na Galiza (Laiovento, 1997) e Peor que onte, pero mellor que mañá (Fervenza, 2004). En 2003 recibiu o Premio Ourense de Banda Deseñada por toda a súa traxectoria. 

De cativo, vostede era un gran lector das historietas de Bruguera, editorial á que enviou traballos cando comezaba no humor gráfico. É certo que non lle chegaron a publicar nada porque dicían que non tiña calidade de abondo? 
Cos personaxes de Bruguera vivín un mundo extraordinario. Cheguei a debuxalos, a recortalos, a xogar con eles… Para min seguen tendo unha tenrura especial, aínda que Mortadelo y Filemón xa non os leo porque os sei de memoria, sei o mecanismo que utiliza Ibáñez. Cando tiña uns catorce anos quixen intentar facer eu tamén historietas. Mandei a Bruguera algo, non recordo que, tiña que ser unha cousa moi de afeccionado. Foron moi atentos e contestáronme. Eu insistín e eles mandáronme un guión feito por un guionista profesional, unha cousa extraordinaria para min. O que me propoñían era unha historia sobre o Oeste e o Sétimo de Cabalaría. Fixen dúas páxinas, pero non lles gustaron. Non tiñan calidade. Entón mandáronme unhas páxinas de Lucky Luke, de Morris, e dixéronme que se tiña interese nese mundo do Oeste podería aprender con ese debuxante.
Séntese debedor da tradición de Castelao e dos humoristas gráficos galegos anteriores á Guerra Civil? Cales foron as súas principais influencias como humorista gráfico?
Lin a Castelao e gústame moito Maside, pero lin moitísimo a Bagaría –que sempre me entusiasmou– e todo o que caía nas miñas mans de calquera parte do mundo, sen coñecer mesmo os autores: o Punch inglés, revistas descoñecidas… Bebín de todos os lados. No sentido directo, non me sinto influído por ninguén, non son daqueles debuxantes que empezan influídos por un debuxante determinado. De neno, con catorce ou quince anos, lía debuxos de Quesada, pero tamén Mortadelo ou El Capitán Trueno.
Pódese falar de xeracións no humor gráfico galego dos últimos 40 anos? Séntese membro dalgunha xeración? Séntese máis perto dos autores da súa idade ca doutros máis vellos ou novos?
Non me gusta que me encasillen nin encasillarme eu. Hai que estar sempre en evolución. Seguir facendo o que facías hai vinte anos paréceme morrer, porque hai necesidades distintas, sobre todo vitais, que te empurran a manifestarte de maneira tamén distinta. Hai pouco publiquei unha viñeta diaria no Xornal de Galicia durante un ano e tratei de facer unha transformación do que viña facendo ata entón, sobre todo desde o punto de vista do debuxo. O que si é certo é que moitos de nós tivemos algunhas vivencias en común: participamos nos encontros de humor de Salvaterra, que despois se celebraron no Porriño e noutros sitios; coincidimos practicamente todos na revista Can sen Dono… Iso marca incluso amizade persoal. Desde ese punto de vista, si se pode falar dunha xeración, pero hai que estar sempre aberto.
Deu a prensa galega ao humor gráfico o espazo e o tratamento que merece?
Neste momento, non. Houbo un tempo en que a viñeta de humor gráfico se trataba coma os artigos de opinión e insertábase na sección de opinión dos periódicos. Aí tiña o tratamento adecuado. Cando a viñeta se traslada a pasatempos, como están a facer algúns periódicos, como La Voz de Galicia con Xaquín Marín, estase ferindo o humor. O humor non é un pasatempo. E despois algúns humoristas gráficos desta nova xeración están frivolizando o humor e caíndo un pouco no chiste. Algúns teñen verdadeira graza, pero penso que o humor ten outra condición e non ten que ser metido en páxinas superficiais, porque o humor fai moitas veces o editorial do periódico.
É o humorista gráfico un xornalista, un editorialista?
Creo que si. Eu, desde logo, sempre tratei a viñeta coma un editorial. O diario Galicia, que dirixiu Paz Andrade, publicaba unha viñeta de Castelao na primeira páxina e tiña a concepción de que a viñeta era o editorial do periódico. A prensa seria segue esa tendencia.
Gañou nos últimos anos o humor gráfico galego en calidade gráfica, mais diminuiu a calidade do humor? Mudou o humor polo chiste? Traballaban antes os humoristas como sinaturas, como columnistas, e agora só ilustran noticias?
Hai xente tecnicamente boa no debuxo, pero cun tratamento superficial, e eu creo que o humor debe ter un tratamento gráfico e textual máis forte, máis profundo. Hai xente que non ten calidade gráfica ningunha. E en xeral, tanto nos que teñen calidade gráfica como nos que non, o humor baixou moitísimos enteiros. Non sei a que se debe, se ten que ver coa posmodernidade, co famoso pensamento fébel, co medo da xente a pensar ou a se pór trascendente, etc. Seguramente será pasaxeiro e mañá sairá xente que conciba o humor dunha maneira máis comprometida. Non creo que os tempos pasados fosen mellores.
Cal é o momento do humor gráfico en Galicia hoxe en día comparado con outras etapas vividas por vostede?
É malo. Xa desde o punto de vista económico, que non é o principal, porque eu sempre pensei que do humor non podes vivir. O que me pagaban en La Voz de Galicia hai dez ou quince anos era máis có que lles están pagando a algúns humoristas nos xornais hoxe. E despois, canto ao tratamento, hai certos periódicos que lle dan o tema ao humorista e incluso lle din como debe tratalo, co cal a función do humorista perde sentido, porque entón te convertes nunha especie de bufón do periódico. E por suposto, disto son responsábeis tamén os propios humoristas.
Que características ten que ter unha boa viñeta?
No meu caso todo é moi intuitivo. Primeiro busco un tema; despois, a miña opinión; e logo, o tratamento humorístico, que é o máis difícil. A composición e realización do debuxo para min é fácil; podo tardar dez minutos; non necesito facelo antes a lápis. O problemático é como tratar o tema; pódeme levar unha hora.
Que busca no lector? O riso? O sorriso? A reflexión? Conciencialo?
Todo iso. O humorista normalmente non busca o riso. O lector pode rir, naturalmente, pero sempre que acompañe a risa cunha reflexión. E se podes concienciar, ou polo menos, comunicar as túas ideas ao lector, mellor. Non se trata de ser un mesías nin de adoctrinar a ninguén.
Hai que coidar moito o debuxo no humor gráfico?
Moitísimo. O debuxo é a túa ferramenta. Se queres facer unha crítica e o debuxo non ten calidade, esa crítica non ten forza, vénse abaixo. Hoxe en día hai xente boa publicando, pero tamén xente moi mala, tan mala como se un redactor puxese Vigo con be, por exemplo. Iso non se debe permitir. A calidade é fundamental. Se un texto literario é malo, non vale para nada. Aínda que tivese unha profundidade crítica terríbel, perdería toda a forza. A forma é importante.
Custoulle moito atopar un estilo de seu? Mudou o seu estilo co paso do tempo?
Si, foi mudando. Nunca busquei un estilo determinado. Cando se empeza nisto, todo o mundo busca un estilo persoal, pero para min nunca foi unha obsesión. Foi xurdindo. Eu traballaba moitísimo con pincel, pero cando empecei a publicar no Diario de Galicia e despois en La Voz de Galicia, comecei a utilizar o grafo fino e foi xurdindo un estilo. Despois volvín utilizar o pincel, combinándoo con outras cousas, e ultimamente metinme no carbón.
Que importancia ten para un humorista gráfico atopar un personaxe fixo?
Cando comezaba fixen varias tiras de personaxes fixos. Primeiro, o fillo de Breogán, que, aínda que era un castrexo, era unha tira de actualidade, porque vivía os problemas de hoxe. Despois, o galo Camilo, unha tira diaria que se publicaba en El Pueblo Gallego e na que había unha serie de personaxes secundarios, como o pito Celso. Cando me metín na viñeta nunca tiven personaxe fixo. O que si tiña era xente que caricaturizaba habitualmente: [Manuel] Fraga, [Xosé Manuel] Beiras, [Fernando] González Laxe... Había xente que saía a miúdo porque eran os do tema do día. Tamén utilizaba algún recurso que se repetía, como o parado pedindo esmola na rúa –un personaxe que utilizo cambiándolle o cartel– ou as manifestacións con pancartas.
Ten que ter sempre o humor gráfico unha intencionalidade crítica, de denuncia? Que lle parece o humor polo humor?
O humor absurdo é tan válido como o político. A min gústame moitísimo Tip y Coll, por exemplo. O que non soporto é cando se cae na trapallada, no chocalleiro.
Censuráronlle traballos? Hai censura no humor gráfico en Galicia hoxe en día? E autocensura? Ten todo isto algo que ver co feito de que vostede, malia a súa destacada traxectoria, non publique acotío humor gráfico en ningún dos principais diarios galegos?
Eu hoxe en día estou apartado dos medios precisamente pola censura. En revistas si estou publicando –n’A Trabe de ouro e en Tempos Novos–, pero agora éme practicamente imposible publicar en diarios, porque o que queren é xente dócil, que divirta un pouco, que conte o chiste do día e non se meta en máis problemas. A censura sempre foi un problema. Castelao tivo que pasar os seus debuxos pola censura militar. Bagaría tivo que recorrer a facer unha especie de xeroglíficos, que chamaba debuxos de almofada e que practicamente non entendía ninguén. Incluso nesta democracia tan flamante, moitos humoristas sufrimos a censura. Eu deixei de publicar en La Voz de Galicia por criticar os bombardeos sobre Iraq. Por meterme coa Igrexa tamén me chamaron unha vez a atención. Eu traballei sempre doutra cousa –como debuxante publicitario, ilustrador…– para non depender do humor, porque podes quedar sen traballo en calquera momento. Despois publiquei durante un ano en El Mundo, cuxa sección de Galicia non era tan golpista como o resto do periódico. Era unha especie de illa dentro do xornal, pero cambiou de director e un día tivo unha chamada de atención de [Xesús] Pérez Varela, que estaba de conselleiro de Cultura, e dixéronme que non podía publicar máis. Sentáronlle mal varias cousas, pero sobre todo un debuxo no que puña a Fraga como partido en cachos. Daquela, a situación era así, pero as verdades non as podes dicir, molestan. O humorista pode estar equivocado, naturalmente, pero o que debe facer é poñer un espello, e á xente non lle gusta que llo poñas.
Que grao de autonomía ten un humorista gráfico? É frecuente que lle dean o tema e mesmo o tratamento?
En certos periódicos si é habitual que che dean o tema, e non sería malo sempre que che permitan tratalo como queiras. O grave é se che din como tes que enfocalo. En todo caso, eu estou incómodo tamén se me propoñen o tema. En ningún periódico nos que publiquei  pasou diso, menos en El Mundo, que empezaron dicíndome: “Hoxe hai estas tres noticias”, e eu ao terceiro día dínxenlles: “Eu así non podo traballar”, porque o que eles vían simpático ao mellor a min non me resultaba simpático nin criticable. Pero hai humoristas que se encontran máis cómodos se lles acotan o espazo.
Cal é a súa relación coa actualidade informativa? Gústalle traballar con ela o prefere facer un humor máis intemporal?
Eu prefiro traballar o tema do día. No Xornal de Galicia, teoricamente admitían o debuxo ata as cinco da tarde, pero na práctica podías mandalo ata as nove da noite, e ás veces apuraba demasiado o tempo. Iso creábame unha tensión enorme, que tamén é algo bonito, porque eu vivo moito o xornalismo, aínda que ás veces esa tensión sexa excesiva. Eu son incapaz de facer unha viñeta con moita antelación, porque perde a oportunidade de incidir na realidade diaria. Só facía varios debuxos cando marchaba de vacacións, sobre temas moi xenéricos.
Vostede é un dos humoristas gráficos galegos que ten amosado unha meirande facilidade para variar de rexistro. Amais do seu labor como humorista gráfico están os seus traballos de banda deseñada e outros para o público infantil. É bo para un humorista gráfico ter varios rexistros?
Hai xente que quere manter unha un estilo e non saír del. Eu gozo cambiando de rexistro, sobre todo cando tes que ir a públicos distintos. Nos Bolechas, por exemplo, utilizo tamén o humor, pero un humor distinto, para nenos pequeniños, primeiros lectores. Nos libros de divulgación histórica utilizo sempre o rexistro do humor e ás veces mesmo o sarcasmo ou a sátira. Ás veces un estilo novo faite pensar as cousas doutra maneira. Rexistros distintos para públicos distintos é unha obrigación. Nun debuxo para un neno de tres anos –como nos Bolechas– ou para un adolescente non podo facer o mesmo que nunha viñeta política.
Vostede foi fundador das revistas ‘Can sen Dono’ e ‘Xo!’. Como resumiría a primeira experiencia?
Naceu a comezos de 1983 e durou ata abril de 1991. Ao principio era mensual, despois bimensual, logo trimensual e terminou tendo unha periodicidade de intervención: sacabamos un número cando había algo interesante, como o referéndum da OTAN ou a reconversión naval, porque non tiñamos estrutura para manter a periodicidade. Os promotores fomos Gogue e mais eu. Queriamos facer unha revista porque para nós era complicado publicar na prensa e ademais nos facía ilusión. Primeiro falamos con Luis Mariño, que era daquela director de Xerais, pero non foi moi resolutivo. Logo presentamos o proxecto nun seminario de humor que se fixo en Sada, no Laboratorio de Formas, pero non interesou. Entón apareceu o editor Antonio Mascato, que se encargou do proceso de edición. A idea inicial foi sempre publicar a todo o mundo e así se fixo. En Can sen Dono publicaban dende Quesada a Xaquín Marín, pasando por todos os humoristas que querían colaborar, sen atranco ningún. Cambiamos moito de formato, porque cambiabamos de imprenta segundo os custos.
Que lembranzas ten de ‘Xo!’?
Fundámola entre Picho Suárez –que foi o organizador dos encontros de humor de Salvaterra–, Claudio López Garrido –que é economista, pero un humorista extraordinario– e mais eu. Era unha revista satírica, tratábase de dar caña a tope. Foi moito máis tendenciosa que Can sen Dono, máis homoxénea ideoloxicamente. Mascato tamén participou activamente. Ao principio era un semanario de catro páxinas e logo pasou a mensual, porque era moito traballo; eu acabei queimado.












xoves, 23 de febreiro de 2017

Siro presenta o seu libro sobre o humor no Quixote



Félix Caballero, 23-2-2017

O caricaturista, humorista gráfico e escritor Siro López presentou onte en Santiago, na Biblioteca do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) o seu ensaio Cervantes e o Quixote. A invención do humorismo, editado pola Consellería de Cultura e Educación da Xunta de Galicia na colección Cardenos Ramón Piñeiro (nº 36). No acto participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o autor do prólogo da obra, o catedrático de filosofía Ramón López Vázquez; e o coordinador científico do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Manuel González.
Trátase dun libro único na bibliografía cervantina, na que non existía ata o de agora, en ningún idioma, un traballo que estudase o que supuxo O Quixote como aparición dunha nova forma de humor, o que se deu en chamar humorismo. Siro parte da tese de Celestino Fernández de la Vega, apuntada xa polos románticos ingleses e alemáns e despois por Luigi Pirandello e por Wenceslao Fernández Flórez, de que O Quixote é, non só a primeira novela moderna, senón tamén a primeira obra humorística da literatura universal. Pero vai alén ao explicar por que Cervantes creou o humorismo na literatura, cuestión que De la Vega non chegou a abordar. Siro xa se aproximara ao asunto en 2005, co gallo do 400 aniversario da aparición da primeira parte da novela, co estudo Sobre o humor de Cervantes no Quixote, publicado tamén nos Cadernos Ramón Piñeiro.
Na presentación, o humorista e escritor asegurou que este era un dos dous libros da súa vida, canda Castelao en el arte europeo (Duen De Bux, 2015, edición de María Victoria Carballo-Calero), no que estuda as influencias estranxeiras na obra do rianxeiro. O caricaturista e teórico do humor confesou que, “malia ter escrito máis de 700 folios, non está dito todo” sobre o humorismo d’O Quixote, e animou a posíbeis investigadores que veñan atrás a continuar o labor.

A importancia da historia n’O Quixote

A primeira parte do libro céntrase na teoría do humor, na que a posición de Siro coincide “en gran parte” coa de Fernández de la Vega, segundo afirmou o autor, que, porén, subliñou que discrepa do filósofo lugués canto á importancia da historia na xénese d’O Quixote, desbotada por este. Para o caricaturista e escritor, Cervantes necesitou escribir O Quixote en chave de humor por dúas razóns: a súa propia biografía, chea de desventuras, na que, sen dúbida, Cervantes tivo que usar o humorismo como arma defensiva; e as circunstancias históricas que lle tocou vivir. “Cervantes é un humanista cristián ao xeito de Erasmo de Rotterdam”, salientou o autor: “Profundamente Cristián e profundamente patriota, aínda que logo levase unha profunda decepción polo comportamento de Felipe II, que levou á bancarrota ao Reino”.
Siro explicou que, en contra do que fan algúns, non se pode negar a grande influencia d’O eloxio da loucura de Erasmo en Cervantes. “Chega con investigar a súa obra humorística: as coincidencias son moitas, aínda que Erasmo fose un gran satírico e Cervantes un humorista”, sinalou.
O caricaturista referiuse tamén ao escritor ruso Vladimir Nabokov, o autor de Lolita, quen no seu libro póstumo, sobre O Quixote, que recolle o seu curso de 1951-1952 na Universidade de Harvard, ridiculiza a Cervantes. Para Siro, Nabokov demostra que non entendeu a novela en absoluto.

A galeguidade de Cervantes

Outro dos temas que Siro aborda no libro e dos que falou onte é a galeguidade de Cervantes, cuestión que xa tratara polo miúdo nunha recente conferencia na Casa de Galicia en Madrid. O humorista e ensaísta salientou que é indibudable que o novelista tiña orixes galegas, pero tamén que naceu en Alcalá de Henares, como demostra a súa partida de bautismo, malia que César Brandariz, que escribiu dous libros sobre o tema, insista en que é falsa. Para Siro, un bo indicio das orixes galegas de Cervantes é o seu humorismo, tan propio do pobo galego.
O escritor referiuse tamén á retranca, asunto que aborda igualmente no libro. Siro estrañouse de que ningún dos intelectuais galegos que escribiron sobre o humor –Fernández de la Vega, García Sabell, Rof Carballo, o propio Castelao…– falasen dela. O caricaturista é, pois, o único que fixo un estudo serio sobre o asunto. Recalcou que é o elemento máis xenuíno e diferenciador do humor galego; ten un carácter autodefensivo, que fai que non teña nada que ver coa sátira, o sarcasmo ou a ironía, malia que ás veces é confundida con eles; e a súa característica de freo (nas relacións sociais ) está xa na orixe etimolóxica do termo, que designaba un aparello que servía para frear as carruaxes.

LEA A NOTICIA EN "LA VOZ DE GALICIA"
 



luns, 12 de decembro de 2016

La revista ‘Retranca’ (2007-2011) y su papel catalizador del nuevo humor gráfico gallego



Félix Caballero Wangüemert

A mediados de la primera década del siglo XXI, la nueva generación de humoristas gráficos que venía colaborando en la prensa diaria gallega desde hacía diez años antes alcanza ya la madurez y confluye en su mayoría en una revista de humor que se convertirá en símbolo de la nueva etapa del humor gráfico en Galicia: Retranca (2007-2011). A diferencia de los periódicos y los suplementos de humor aparecidos en la comunidad autónoma en las dos décadas anteriores, Retranca es propiamente una revista de humor y combina, además, el humor gráfico con el cómic, siguiendo el modelo de El Jueves, con la que compartirá muchos colaboradores, algunos gallegos y otros foráneos.



Retranca fue fundada en Vigo en octubre de 2007 por Kiko da Silva, quien era también su director. Del número uno se tiraron 8.000 ejemplares. En la revista colaboraron buena parte de los nuevos humoristas gráficos de la prensa diaria gallega (el mismo Kiko, Pinto & Chinto, Leandro, Meixide, Davila…), por lo que esta nueva etapa, que aún está en su amanecer, podría ser llamada provisionalmente la de la generación de Retranca.


En Retranca no sólo colabora una nueva generación de humoristas. Su espíritu tiene muy poco que ver con el que tenían los periódicos de humor aparecidos en la comunidad autónoma en las dos décadas anteriores: Can sen Dono, Xo! y Sapoconcho, boletín –este último– del Museo del Humor de Fene.


En primer lugar, se presentaba como la primera revista de humor gallego, y en sentido estricto lo era, porque, a diferencia de sus predecesoras, no estaba hecha en formato de periódico, sino de revista propiamente dicha, con papel de gramaje a todo color y un tamaño llamativamente pequeño (17 x 22 cm.).


Además contaba con una página web (www.revistaretranca.com), algo que ninguna de las tres publicaciones anteriores tuvo, bien es cierto que entonces los sitios digitales no existían o estaban comenzando.


La tercera diferencia tiene que ver con la estructura de la revista. Retranca ya no es una publicación de viñetas y tiras, sino de historietas de una página. La estructura recuerda bastante a la de El Jueves, donde colaboran algunos de los humoristas de la revista gallega. Eso sí, pretende ser tan satírica y mordaz cómo lo era Xo!, y de hecho tuvo un serio problema por eso, pero no con la Administración, sino con la imprenta. El número 28, dedicado a la visita del papa Benedicto XVI a Galicia, fue secuestrado por el impresor, que se negó a entregar los ejemplares de la revista para su distribución, aduciendo su desacuerdo moral con el contenido.


La cabecera era obra de Alberto Guitián. La revista tenía como mascota la figura de un integrante de la “santa compaña”, con una plumilla de dibujo ardiendo como una antorcha “para dar a entender que a revista ía tratar os temas máis ardentes da sociedade galega”, según se explicaba en un artículo (“Como se fai Retranca”) aparecido en el número 26 (p. 30). Tenía como subtítulo “Lerasnos de morto se non nos les de vivo” (jugando con el famoso dicho sobre el santuario de San Andrés de Teixido: “Vai de morto o que non foi de vivo”), y por lema, “A revista mensual de humor galego”, que a partir del número 22, de octubre-noviembre de 2009, mudó a “A revista bimestral de humor galego” por el cambio de periodicidad.


La periodicidad, al principio mensual, pasó a bimestral desde el número 22, de octubre-noviembre de 2009. Tenía 24 páginas a color, que se convirtieron en 48 a partir del número 21, de agosto-septiembre de 2009. El número 28, de octubre-noviembre de 2010, era extra y tenía 64. La revista comenzó con un precio de 2,20 euros, que pasó a 3,95 a partir del número 22. El  número 28 (extra) costaba 4,50 euros.


Como editores figuraban Kiko da Silva y Juan Antonio da Silva. El primero era también el director y figuraba además como director de arte de la publicación junto a Alberto Guitián. Había un equipo de redacción formado inicialmente por Kiko da Silva, Alberto Guitián, Pestinho + 1 (Miguel Carvalho, Heitor Rial, Paco Paradelo). Con el tiempo también formarían parte de él M. Lourenzo y Fernando Iglesias (Kohell), desapareciendo muchos de los redactores primeros. Entre sus colaboradores figuraban Manuel Rivas, Miguelanxo Prado, Xaquín Marín, Pinto Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila, Andrés Meixide, Jacobo Fernández y el colectivo Reizentolo, así como algunos humoristas de fuera de Galicia, como Idígoras & Pachi o Mel, conocidos por sus colaboraciones en El Mundo o El Jueves.


A pesar de suponer un evidente relevo generacional, la revista se abrió también a la vieja guardia. Xaquín Marín, Siro, Xosé Lois y Pepe Carreiro colaboraron en ella, e incluso Kiko da Silva rescató tiras de “Gaspariño”, de Marín, que hacía décadas que no se publicaban. Incluso, a partir del número 14, se hizo un guiño a Castelao con la sección “Castelao 2009”, que en 2010 pasaría a llamarse “Castelao 2010” por razones obvias, en la que el fundador y director de la publicación imitaba el estilo del maestro.


La revista no aceptaba subvenciones. Vivía exclusivamente de la publicidad y de venta al público. En el número 22 (el primero bimestral) aparece una nota que dice (p. 3):

“ATENCIÓN: En “Retranca” tamén estamos sentindo o poder da kriseptonita. Levamos dous anos saíndo mes a mes aos quioscos, algo que para nós xa é superheroico. Pero a caída da publicidade obríganos a ter que saír cunha nova periodicidade bimestral, con máis páxinas e un superprezo. Non sabemos canto poderemos resistir, pero mentres o corpo aguante seguiremos dando fungueirazos retranqueiros. Voltamos en decembro!”.


La advertencia se repetirá en los números 23, 24 y 25 con el único cambio de “crise” por “kriseptonita”.


Ese mismo número 22 es el primero en el que la revista pone en práctica una original manera de recaudar fondos: el apadrinamiento de páginas por los lectores (fundamentalmente empresas). El padrino pagaba cinco euros y al pie de la página aparecían los datos da su empresa. Se podía escoger la sección. La primera página apadrinada es una de Xaquín Marín (la cinco del número 22) y el padrino es la Librería Contos de Cambados (Pontevedra). En ese número hay cuatro páginas apadrinadas. En el número 23 serán 26 de 43 disponibles (la revista tiene 48, pero cinco llevan publicidad), lo que equivale al 60%. En el número 24 bajan al 29% (13 de 45). En el 25 suben al 40% (18 de 45). Seguirán existiendo páginas apadrinadas hasta el último número, en el que el porcentaje solo llega al 8% (4 de 46).


Retranca duró justo cuatro años. Se editaron 33 números entre noviembre de 2007 y noviembre-diciembre de 2011. El número de enero-febrero de 2012 ya no vio la luz, porque la empresa que la distribuía, Coedis (Consejeros Editoriales para la Distribución, la segunda distribuidora más grande de España), entró en concurso de acreedores y dejó de pagar a todos sus proveedores. A Retranca aún le deben veinte mil euros, según Kiko da Silva, que, a pesar de las dificultades, no descarta resucitar la revista. Con todo, Da Silva cree que el éxito de Retranca se debió en buena parte al hecho de haberla distribuido con una empresa de fuera de Galicia (Coedis es catalana), porque las gallegas “pertenecen todas a grupos de medios de comunicación, con lo cual, si molestas te dan la patada” (entrevista personal, Pontevedra, 12-2-2014. Todas las declaraciones del humorista que aparecen en este artículo proceden de esta entrevista).


A pesar de tener una vida relativamente corta, Retranca consiguió un reconocimiento no solo autonómico, sino también nacional, recibiendo el Premio del Público del Salón del Cómic de Barcelona y el Premio Ourense a la Mejor Iniciativa de Banda Diseñada (2010).

 

La influencia de El Jueves



Si los humoristas gráficos gallegos (y españoles en general) de finales de los años 60 estaban influidos por La Codorniz, en Retranca se advierte la sombra de El Jueves, que, al fin y al cabo era la única revista de humor que había en España en aquellos años. Kiko da Silva, editor y director de la revista, no tiene reparo en reconocer que lo que quería hacer era “un ‘Jueves’ a la gallega”, repitiendo sus aciertos y evitando los errores (“de línea editorial, de distribución, etc.”). Kiko colaboraba en la célebre revista barcelonesa desde el año anterior, 2006, con series como “La puta calle” y “Mileurista”. 

En El Jueves colaboraron también otros dos dibujantes gallegos: Leandro y Alberto Guitián, con historias a medias, de las que los dos eran tanto ilustradores como guionistas.

La influencia de El Jueves sobre Retranca se nota, sobre todo, en la estructura de la revista y en la relación de colaboradores. Aparte de Kiko da Silva, Leandro y Guitián, fueron varios los dibujantes de El Jueves que colaboraron también en Retranca: Mel, López Rubiño, Bernal, Ricardo Peregrina, Jota Jota, Bernardo Vergara, Fer…


En cuanto a la estructura, en las dos revistas hay dos partes bien diferenciadas: una primera de humor gráfico propiamente dicho, sobre un tema de actualidad, con viñetas, tiras y fotomontajes, y una segunda de cómic, con historietas de diversos personajes de una página de extensión.


Los números eran temáticos. Las primeras diez páginas –las de humor gráfico– estaban dedicadas a un determinado asunto de la actualidad informativa. El primero fue “La plaga del feísmo”. Luego vinieron “A Cidade da Cultura”, “A ver se o vemos chegar” (polo AVE), “TV á galega”, “Letras bilingües”, “Baño colteral (Fraga conquista Hollywood)”, “Rebaixas electorais”, “Feijoo contra a crise”, “A gripe porcina esa”, “Xacobeo 2010”, “Os chistes de Rosa Díez”, “Eleccións Municipais 2011”, “Indignados” y tantos otros. El último fue, curiosamente, “El fin del mundo”: el mundo no acabó, pero la revista sí.


La segunda parte de la revista estaba formada por una serie de cómics de temáticas diversas, no relacionados con la política, como “Brais aínda vive cos pais” (Kiko da Silva), “Fito e Pita” (Guitián), “Metrópolis” (Meixide), “Jalisia Kaníbal” (Davila), “Caderno de notas” (Miguelanxo Prado), “Máis aló do telón de Gredos” (Idígoras & Pachi), “Cuestión de opinión” (Mel) ou “Podería ser peor” (López Rubiño).


El suplemento A Nosa Pedra, que nace en el número 2 de la revista, tenía ocho páginas en blanco y negro, que a partir del número 12 pasan a entre cinco y siete y se integran en la numeración general. Con un diseño de periódico, estaba lleno de noticias imaginarias. Llevaba el lema “Xornal de mortos para vivos”, que luego se adaptó al contenido de cada número: “Xornal desacelerado e económico”, “Xornal cinéfilo e antinuclear”, “O xornal dos galegos monolingües”, “O superxornal dos superheroes”…

 

Dos números singulares



El extraño doble número 24


El número 24 presenta una extraña e inédita estructura que no volverá a aparecer: la revista, con el mismo número de páginas con el que venía saliendo últimamente (48), es como dos publicaciones en una, cada una con su tema del informe retranqueiro (la lengua gallega y la fusión de las cajas de ahorros), hasta el punto de que tiene dos portadas impresas en sentidos diferentes, de modo que se puede abrir por los dos lados. En las páginas centrales hay un póster del popular actor vigués Manuel Manquiña realizado por Jacobo que divide las dos publicaciones, que quedan con 23 páginas cada una. El póster se mantendrá prácticamente hasta el final de la revista, aunque no siempre lo hace Jacobo. La parte referida a la lengua gallega incluye siete páginas de A Nosa Pedra, mientras que la de la fusión de las cajas no va numerada.

La cabecera prestada de Charlie Hebdo

El número 33 toma como cabecera la del periódico satírico francés Charlie Hebdo, en solidaridad con él. La publicación acababa de ser atacada por satirizar la sharia y poner a Mahoma en la portada (incendio de la redacción con un cóctel molotov, ataques piratas a la web, sabotaje a la página Facebook –que tuvo que cerrar– con avalancha de mensajes, insultos e amenazas). En la primera página de A Nosa Pedra (la 19 de la revista) se recogía el titular “Atacan cun cóctel molotov a revista satírica francesa Charlie Hebdo” y se reproducían dos de sus portadas: en la primera se veía a Mahoma diciendo: “100 coups de fonet si vous n’êtes pas morts de rire!” (¡Cien latigazos si no morís de risa!), y en la segunda, dos hombres se besaban y se podía leer: “L’amour plus fort que la haine” (El amor es más fuerte que el odio). Charlie Hebdo fue objeto de un nuevo atentado mucho más trágico en el 7 de enero de 2015, cuando que dos yijadistas asesinaron a doce personas e hirieron de gravedad a otras cuatro. Entre los fallecidos se encontraban los dibujantes Charb, Cabu, Wolinski y Tignous.


Las polémicas


Retranca se vio envuelta en dos polémicas a su pesar, aunque, como suele pasar en estos casos, acabó beneficiándose en términos propagandísticos. 

La visita del Papa Benedicto XVI a Galicia


El número 28 (octubre-noviembre de 2010), dedicado a la visita del papa Benedicto XVI a Galicia para poner el broche al Año Santo Xacobeo, estuvo a punto de no salir, porque el impresor (Jiménez Godoy, de Murcia) se negó a entregar los ejemplares de la revista para su distribución, aduciendo su desacuerdo moral con el contenido, especialmente por la portada, en la que se satirizaba sobre el coste de la visita, tres millones de euros, pagados por la Xunta. Para la prensa era una cantidad exagerada, teniendo en cuenta que el papa iba a estar menos de ocho horas en Galicia. Para el Gobierno autonómico el evento se “autofinanció” gracias a la proyección turística que dio a Santiago y Galicia, ya que la radiotelevisión pública gallega (CRTVG) retransmitió la visita a todo el mundo, llegando a 150 millones de personas. Alfonso Rueda, entonces conselleiro de Presidencia y hoy también vicepresidente, afirmó que la visita iba a generar un beneficio de 30 millones de euros.


Según Kiko da Silva, “o que sucedeu foi como sacado doutros tempos. As conversas que tiven co dono da imprenta eran dignas dun diálogo para besugos daqueles que saíannas revistas de Bruguera. Totalmente delirantes. E con amenazas”.


Da Silva reaccionó de inmediato y encontró enseguida un impresor alternativo (y circunstancial, pues no imprimiría ningún número más): Gráficas Anduriña. Los responsables de la revista se referían al caso en el staff de la revista, en la última línea, donde normalmente escribían algún comentario: “Ler 'Retranca' é pecado, segundo di un señor impresor de Murcia. Así que xa sabedes: cando rematedes de ler este número, tres millóns de AveMarías! (sic) Pecadentos”.


En la web de la revista se publicó el 26 de octubre de 2010 un artículo sobre la polémica (“A revista Retranca, especial visita do Papa, ‘secuestrada’ pola imprenta”) en el que, entre otras cosas, se decía:


“É a primeira vez que unha imprenta, cun traballo xa impreso e cun contrato de por medio, decide unilateralmente non entregar a publicación alegando a súa disconformidade cos contidos da mesma. Retranca deixa claro que foi a imprenta a que acudiu á nosa empresa para ofrecerse a imprimir a nosa publicación, sabendo de sobra que se trata dunha revista satírico-política”.


El número 29 (diciembre de 2010-enero de 2011) se dedicó a la polémica creada con el cambio de impresor.  En el staff, los responsables de la revista decían: “Retranca non recomenda imprimir na imprenta Jiménez Godoy, a non ser que sexas [monseñor] Rouco Varela [por entonces, arzobispo de Madrid y presidente de la Conferencia Episcopal Española], claro!”. La portada era doble. En la página uno, bajo la cabecera de la revista, aparecía el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, hablando por teléfono, y se decía:


“Con quen carallo está falando Feijóo…?

Por que ten esa cara de “acojonao”?

Con Pepiño Blanco [en aquel entonces ministro de Obras Públicas] sobre a chegada do AVE a Galicia?

Con Zapatero [en aquel entonces presidente del Gobierno español] que lle informa dos presupostos para o 2011?

Cos controladores dos aeroportos galegos…?

Ou con Wikileaks que ameaza con filtrar os seus emails amorosos con Galicia Bilingüe?”.


En la segunda portada, también bajo la cabecera de Retranca, aparecía otra vez Feijóo al teléfono con el siguiente texto:“Ola, Feijóo, son Mahoma… Chamábate para saber cando vas gastar tres millóns de euros para levarme a min a Galicia!”.


El editorial (p. 5), estaba dedicado a la polémica, con el título “Retranca quere que volva o Papa”. Entre otras cosas, se decía que habían recibido cartas tanto de apoyo como de reprobación, incluidas entre estas últimas algunas en las que se les acusaba de no atreverse a satirizar “contra los islamistas”, por lo que publicaban esa portada. En honor a la verdad,hay que decir que la alusión a Mahoma quedaba velada por el juego de la doble tapa.


La campaña publicitaria en Vitrasa


Por otra parte, a comienzos de 2009, Retranca contrató con Vitrasa, la empresa concesionaria de los autobuses urbanos de Vigo, una campaña para promocionar la cultura gallega en general y la revista en particular. La intención era promover el debate sobre la cultura gallega, concienciando a la gente de que necesita que se crea en ella para que exista, e intentar que personas de todas las edades conocieran la publicación, de ahí que Retranca pensara en el transporte público para anunciarse. El Circular Centro iba a llevar durante tres meses un anuncio con el lema “Probablemente os deuses non existan, pero a cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen?”.


Pero la campaña sólo estuvo en la calle seis horas, ya que el primer día, el 3 de febrero de 2009, Vitrasa decidió quitar el anuncio del autobús porque “recordaba” a la campaña atea de los autobuses de Barcelona. Entendía que, al tratarse de un servicio público, se debía mantener al margen y no herir susceptibilidades. La revista explicó a la empresa concesionaria que la campaña no tenía ningún interés en el debate religioso, que lo importante del texto era la referencia a la cultura gallega, no a los dioses.


Posteriormente, la revista y Vitrasa llegaron a un acuerdo para reanudar la campaña con un pequeño cambio en el texto. La palabra “deuses” fue sustituida por “Zeus”, de suerte que el anuncio pasó a decir: “Probablemente Zeus non exista, pero a cultura galega si. Por que non falamos das cousas que existen?”. El autobús 525 de la línea Circular Centro hizo su recorrido del 19 de febrero al 19 de abril con el anuncio de Retranca. Además, mostró en su interior –totamente gratis– una exposición de las portadas y reportajes más significativos de la revista.


Según Kiko da Silva, fue “una de esas cosas que pasan porque la gente toma decisiones sin reflexionarlas”. Los abogados de Vitrasa hicieron ver a la concesionaria el error que habían cometido –explica– y a esta le entró tal miedo de que la revista los demandara que no tardaron ni 24 horas en llamarle y pasar de “no sale el autobús” a “sale y te ponemos una exposición”.


Conclusiones 

En la segunda mitad de los años 90 empieza a colaborar en la prensa diaria gallega una nueva generación de humoristas gráficos, nacida entre 1970 y 1975, que a mediados de la década de 2000 alcanzan ya su madurez y coinciden mayoritariamente (Kiko da Silva, Pinto &Chinto, Leandro, Meixide, Davila…) en la revista Retranca (Vigo, 2007-2011), por lo que pueden ser llamados, provisionalmente, la generación de Retranca, destacando el papel de la revista como catalizadora del nuevo humor gráfico en la prensa gallega. 

Retranca es la cuarta revista de humor gráfico editada en Galicia desde la Guerra Civil–después de Can sen Dono, Xó! y Sapoconcho– y la primera del siglo XXI. Además, podemos considerarla propiamente como la primera revista gallega de humor gráfico, porque Can sen Dono y Xo! eran más bien periódicos de humor, y Sapoconcho, el boletín del Museo del Humor de Fene. 

Retranca es la primera publicación gallega de humor gráfico impulsada y controlada por la nueva generación de humoristas que colabora en la prensa desde mediados de los años 90. En Xatentendo.com y O Farelo colaboraron también algunos de estos humoristas, pero se trataba de iniciativas de representantes de la etapa anterior. 

Retranca no es solo una revista de humor gráfico, sino una revista de humor gráfico y de cómic, influida sin duda por El Jueves, de la que toma la estructura híbrida y a buena parte de los colaboradores, empezando por Kiko da Silva (el editor y director de la revista gallega) y siguiendo por Leandro, Gutián, Mel, López Rubiño, Bernal, Ricardo Peregrina, Jota Jota, Bernardo Vergara, Fer…

La revista vivó dos episodios desagradables e inesperados (el secuestro preventivo de uno de sus números por el impresor y la suspensión de la campaña publicitaria en los autobuses urbanos de Vigo) que, a la postre, la beneficiaron en términos de propaganda. Lo que no pudo contrarrestar fue el concurso de acreedores de su distribuidora, Coedis, que la acabó obligando a cerrar, aunque su editor confía en resucitarla algún día.
Retranca, 1, octubre 2007

Retranca, 33, último nº, noviembre-diciembre 2011

Retranca, 28, octubre-noviembre 2010

Retranca, 29, diciembre 2010-enero 2011