Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Castelao. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de setembro de 2023

A escola galega da caricatura arxentina

Acabo de recibir na casa o libro Periodismo, periferias y marginalidad (Fragua, 2023), que saiu do prelo hai un chisco. Coordinado por Julio Yanes, María Gabino, David Fuentefría e José Luis Zurita, contén 21 traballos académicos de 25 especialistas relacionados coa comunicación nas periferias e presentado ao último congreso da Asociación de Historiadores da Comunicación (Ahiscom), celebrado en 2021 na Universidade de La Laguna, nas illas Canarias. Entre eles está o titulado La escuela gallega de la caricatura argentina, da miña autoría, en que evoco a importante contribución ao nacemento e primeiro desenvolvemento do humor gráfico arxentino a finais do século XIX e comezos do XX por parte dun feixe de debuxantes galegos emigrados: José María Cao Luaces -considerado o pai da caricatura política arxentina-, Juan Carlos Alonso -que se convertería no humorista gráfico máis famoso de toda Sudamérica-, Federico Ribas Montenegro -antes de se revelar como un dos principais debuxantes publicitarios de Europa-, Ramón Peña Gil e Manuel Fernández Lourido.

Como explico nas conclusións do traballo, os catalizadores de este fenómeno foron Cao e o semanario porteño Caras y Caretas (1898), que aquel chegou a dirixir, igual que Alonso, e no que colaboraron tamén Ribas, Peña e Lourido. Mais cómpre destacar a contribución destes debuxantes a outras publicacións como Fray Mocho -da que Cao foi cofundador e Peña director artístico-, Plus Ultra -suplemento mensual de Caras y Caretas, fundado e dirixido por Alonso-, PBT, La Nación -de cuxo suplemento dominical foron directores artísticos Cao e Peña-ou Crítica, e outras vencelladas á colectividade galega como Céltiga -da que Peña foi fundador e director- e Suevia.

Como contrapartida, a emigración a América destes debuxantes, sobre todo de Cao, o maior dos cinco, retrasou nunha xeración a aparición do moderno humor gráfico galego, que finalmente sería obra de Castelao. Significativamente, Cao emigrou a Bos Aires o mesmo ano en que nacía Castelo (1886), quen, sendo un cativo na Pampa, onde os seus pais tiñan unha "pulpería" -nada que ver coas galegas-, sentiu medrar a súa vocación de debuxante mirando as viñetas do seu paisano en Caras y Caretas.

Portada de José María Cao en Caras y Caretas, nº 485, 18-1-1908.


luns, 8 de xaneiro de 2018

Cen anos de humor gráfico en Galicia


A revista "O Salto Galiza" vén de publicar no seu último número, o 9, de xaneiro de 2018, un artigo meu titulado "Cen anos de humor gráfico en Galicia", que reproduzo aquí na súa totalidade, amais de incluír fotografías das páxinas da revista co artigo. Só unha matización: no texto que vai enriba do titular, dise que este ano se conmemoran os cen anos da aparición do humor gráfico en Galicia. Non é certo nin eu digo tal cousa no artigo. Tituleino así porque des que Castelao creou o moderno humor gráfico galego -na segunda metade da década de 1910 e na priimeira de 1920- si pasaron ao redor de cen anos.

O moderno humor gráfico galego xurdiu con 30 anos de atraso, porque quen o tiña que fundar –Xosé María Cao (1862-1918)– emigrou á Arxentina con vinte e poucos anos, converténdose no pai da caricatura política dese país. Haberá que agardar a que Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (1886-1950) desempeñe ese papel na segunda década do século XX. En Bos Aires, Cao mimetizouse en Don Qujiote co madrileño Eduardo Sojo, director da revista, ata o punto de adoptar o seu mesmo pseudónimo, Demócrito, só que co ordinal II. Ambos os dous levaron adiante unha encarnizada loita satírica contra o presidente da República, o xeneral Julio Argentino Roca, El Zorro, polo que sofreron persecución e cárcere. Cao acadaría despois a madureza como caricaturista e debuxante de humor en Caras y Caretas, a revista máis lida en toda Hispanoamérica, na que colaborarían outros dous excelentes caricaturistas galegos: Juan Carlos Alonso (1886-1945), que se convertería logo no caricaturista máis valorado de toda Sudamérica, e Federico Ribas (1890-1952).

 O neno Castelao, que emigrara cos seus país á Arxentina, ficou engaiolado cos debuxos de Cao, ante os que sentiu medrar a súa vocación de debuxante humorístico. 

A idade de ouro: Castelao e a caricatura síntese

Castelao galeguizou a caricatura modernista, baseada na liña e a síntese expresiva, que puxera de moda en toda Europa a revista alemá Simplicissimus. Mais hai dous Castelaos: o anterior e o posterior a 1916, cando descobre o nacionalismo e ingresa nas Irmandades da Fala. O primeiro procuraba só divertir, representando, coma outros artistas da época, costumes e feitos anecdóticos. Este primeiro estilo vémolo nas súas colaboracións en Vida Gallega –a revista viguesa en cuxa capa arelaban publicar todos os debuxantes da época–, das que renegaría logo: “Acúsome de ser eu quen deu empezo a esas carantoñas porcas, a eses monicreques noxentos, a ese humorismo de taberna”. O segundo Castelao, afastado xa dos temas festeiros, vai reflectir a problemática da Galicia labrega e mariñeira, a cuxo espertar quere contribuír. O álbum Nós significa un punto e á parte neste senso. Os seus debuxos foron realizados entre 1916 e 1918, aínda que non se expuxeron por primeira vez ata 1920 e o álbum non foi editado ata 1931. É entón cando fai o seu mellor traballo para a prensa, a serie “Cousas da vida”, que nace en xullo de 1923 no diario Galicia. Tras o peche do xornal, continuaraa en Faro de Vigo entre 1926 e 1933.

Castelao colaborou ademais no diario madrileño El Sol, como farían tamén os seus principais discípulos: Carlos Maside (1897-1958), Álvaro Cebreiro (1903-1955) –se cadra, o mellor caricaturista galego de todos os tempos, canda Cao e Alonso– e Manuel Torres (1901-1995). O rianxeiro creou logo unha farturenta escola, con nomes tan importantes como eses e os de Cándido Fernández Mazas, Luís Seoane, Ignacio Vidales Tomé, Eduardo Padín, Xaime Prada, etc.

A etapa que vai de xaneiro de 1909 ao 18 de xullo de 1936 foi a época dourada do humor gráfico galego. Nun país con poucas publicacións e menos lectores, chegou a haber preto dun cento de humoristas que publicaban viñetas. A maioría eran artistas que se sentían atraídos pola moda do momento, entre eles algúns dos “novos” que anovaron a pintura galega na primeira metade do século XX.

Censura e decadencia tras a guerra 

A Guerra Civil rachou a Idade de Ouro do humor gráfico galego. O corte foi radical. Algúns dos debuxantes foron fusilados (Camilo Díaz, Luís Huici…), outros marcharon ao exilio (Castelao, Ribas, Seoane…) e os que ficaron foron obrigados a calar.

A imposición da censura impide toda crítica política e dá paso a unha época de decadencia artística. Porén, nos anos 50 e 60 atopamos algúns abrollos esperanzadores:

a) A revista Galicia Emigrante. En Bos Aires, Seoane evita que a ruptura sexa irrecuperábel ao publicar na súa revista Galicia Emigrante (1954-1959) debuxos de seu e de Castelao e Maside.

b) O regreso (fuxidío) de Cebreiro, Torres e Vidales Tomé. Cebreiro colabora en El Ideal Gallego desde 1950 ata a súa morte en 1955. Vidales Tomé publica en Faro de Vigo viñetas de fútbol durante as tempadas 1955-1956 e 1956-1957. Torres colabora en La Voz de Galicia de 1962 a 1964.

c) A aparición de Atomé, Quesada e Lalo. Antonio Tomé Taboada, Atomé (1914-1974) publicou as súas “Paroladas” en El Ideal Gallego desde 1963 ata a súa morte, o 18 de decembro de 1974, sempre cos pés en galego. Médico rural, as súas personaxes son os homes e mulleres curtidos polo duro traballo cotián aos que atendía na súa consulta. Bernardo Vázquez Gil, Lalo (1927-2016) publicou con éxito o personaxe de Gorechiño en El Pueblo Gallego desde 1954. Fernando Quesada (1933-2016) colaborou en Faro de Vigo desde 1961 facendo caricatura de política internacional, labor que compatibilizou desde 1964 coas súas colaboracións na prensa madrileña (Arriba, Pueblo, Tele Radio…).

Por esta época, os humoristas gráficos galegos estaban influídos sobre todo por La Codorniz, onde colaboraban dous galegos ilustres: Julio Cebrián (1929-2017) e Alfonso Abelenda (1931). Castelao seguía a ser un perfecto descoñecido. O groso da primeira edición das Cousas da vida da editorial Galaxia non se editou ata 1971.

Un novo mencer a partir de 1970

A Lei de Prensa e Imprenta de 1966 (a famosa Lei Fraga), que derogara a censura previa, deu lugar en España a un estoupido do chiste crítico, mais aínda non político. Publicáronse máis chistes “socioeconómicos” entre 1966 e 1969 ca nos 27 anos anteriores, e o chiste converteuse en elemento sustantivo dos diarios e das revistas. En Galicia, a mudanza empezaráse a notar timidamente a partir de 1970, coa estrea de Siro (López) (1943) e Xaquín Marín (1943) en Chan –unha revista quincenal galega que dirixía en Madrid Raimundo García Domínguez, Borobó– e as primeiras viñetas “galegas” de Quesada en Faro de Vigo.

Este periodo de rexurdimento confirmaráse a partir de 1980 coa incorporación á prensa dun feixe de novos humoristas. Algúns diarios atopan o seu debuxante: La Voz de Galicia a Siro e Xaquín Marín, Faro de Vigo a Gogue (José Rodríguez López) (1953), La Región a Xosé Lois (González) (1949). 

Algúns destes humoristas acadarán unha popularidade extraordinaria. O fenómeno comeza con Quesada, que nos anos 70 se converteu en “supervendas” coas súas Chispas da roda, publicadas pola editorial Castrelos na colección "O Moucho"; segue con Xosé Lois e Gogue, cuxos respectivos personaxes do Carrabouxo e Floreano foron inmortalizados en estatua nas vilas natais dos debuxantes; e chega aos nosos días co “Bichero” de Davila.

O compromiso social e nacional dalgúns deste humoristas é innegábel: a Xaquín Marín (cos seus inesquecíbeis “Gaspariño” ou “D. Augusto”), Siro ou Xosé Lois cómpre engadir os nomes de Xesús Chichi Campos (1952-1991), Pepe Carreiro (1954), Ignacio Hortas Nachortas (1954) ou Calros Silvar (1954). Chichi foi un dos máis intelixentes e prolíficos humoristas galegos de todos os tempos, mais a súa prematura morte privounos do mellor da súa produción. Foi tamén un dos pioneiros da banda deseñada en Galicia despois da Guerra Civil, coa fundación do grupo de cómic do Castro a principios dos anos 70, canda Xosé e Rosendo Díaz e Luís Esperante. (Outro pioneiro foi Xaquín Marín, coautor, canda Reimundo Patiño, do álbum 2 viaxes, de 1975). Pola súa banda, Pepe Carreiro ten sido un humorista especialmente mordaz. O seu libro Fraga na Galiza (1997) é unha extraordinaria crónica satírica dos anos de Manuel Fraga como presidente da Xunta. 

Tras a morte de Franco non houbo verdadeira liberdade de prensa ata a promulgación da Constitución de 1978. Coa Lei Fraga aínda vixente, Siro tivo que afrontar en 1976 un dobre proceso civil e militar por senllas viñetas publicadas en El Ideal Gallego. No civil, o fiscal retirou os cargos; do militar zafouse pola amnistía xeral do 15 de outubro de 1977.

Mais grave foi o que aconteceu en Barcelona, onde El Papus sufriu en setembro de 1977 un atentado con bomba da Triple A que se cobrou a vida do conserxe do edificio onde se ubicaba publicación. Eran os anos da Transición e do boom das revistas de humor: Hermano Lobo, El Papus, Por Favor

Durante as décadas de 1980 e 1990 produciuse unha serie de acontecementos no humor gráfico galego que acadaron categoría de auténticos fitos:

a) O Museo do Humor de Fene. Fundado por Xaquín Marín en 1984, foi o primeiro e, durante moitos anos, o único museo de humor de toda a península ibérica. Dinamizou o humor gráfico galego cunha manchea de actividades, nomeadamente os Premios Curuxa e as Xornadas de Humor.

b) Os encontros de humoristas. Foron cinco: o I Seminario Galego do Humor de Sada (1982), os Encontros de Humoristas do Condado (Mondariz, 1984; Salvaterra do Miño, 1985, 1986 e 1987; e O Porriño, 1988) e o I Salón de Primavera e Simposio de Humoristas Galegos de Vigo (1999). Non acadaron o obxectivo de crear unha asociación profesional de humoristas, mais axudaron a visibilizar o sector.

c) As revistas de humor. Foron tres: Can sen Dono (Vigo, 1983-1991), Xo! (Vigo, 1993-2000) e Sapoconcho (boletín do Museo do Humor de Fene, 1994-2000). Foron as primeiras despois da guerra. Creada por Pepe Carreiro e Gogue, Can sen Dono era unha revista aberta e plural, na que colaboraron case que todos os humoristas gráficos galegos da época. Xo!, cofundada tamén por Carreiro, era máis satírica.

A comezos do novo século, coas tres revistas xa desaparecidas, a remuda foi tomada por dous suplementos de humor: Xatentendo.com (2000-2001), suplemento semanal de La Voz de Galicia, fundado e dirixido por Siro, unha iniciativa sen parangón na prensa española; e O Farelo (2001-2010), suplemento mensual do xornal comarcal A Peneira, de Ponteareas.

d) A Bienal da Caricatura de Ourense (1992-2008). Organizada por Benito Losada desde a Casa da Xuventude, reunía cada dous anos a todos os humoristas gráficos galegos que colaboraban na prensa. Tiña un concurso de caricaturistas noveis que gañaron, entre outros, Santy Gutiérrez e Suso Sanmartín.

A mediados da década de 1990 irrumpe nos xornais galegos un feixe de novos humoristas –Pinto & Chinto (David Pintor e Carlos López), Leandro Barea, Kiko da Silva, Santy Gutiérrez, Luís Davila, Javier Aguilera, Xosé Tomás, Matalobos, Suso Sanmartín, María José Mosqueira Sex, Alberto Guitián…– nados na súa maioría entre 1970 e 1975, que estarán chamados a protagonizar non só unha remuda xeracional no humor gráfico galego, senón tamén un cambio de etapa. A fichaxe de Pinto & Chinto por La Voz de Galicia en 1998 e o inicio por parte de Davila da serie “O Bichero” en Faro de Vigo ese mesmo ano dan carta de natureza ao fenómeno.

Hoxe en día: precariedade e novas formas de censura

Esta nova xeración de debuxantes satíricos xorde aínda dentro dunha idade dourada do humor gráfico na prensa galega, mais as cousas vanse logo tornar negras. A crise económica de 2007 asesta un forte golpe ao xornalismo, en plena crise de identidade pola transición dixital. As consecuencias son graves. Prodúcese un claro retroceso na valoración do humor gráfico nos xornais, reflectido tanto nas condicións laborais e económicas dos humoristas como na perda de carga crítica das viñetas por mor da censura empresarial, a autocensura e mais a ditadura do politicamente correcto. A irrupción da internet e das redes sociais tamén está a condicionar o traballo dos humoristas, tanto positiva como negativamente.

Esta nova etapa ten traído tamén algunhas novas felices, como a recuperación dos Premios Curuxa, a creación nese mesmo ano da Festa da Caricatura “Cidade de Ferrol” –cuxa terceira edición (2017) xa non se celebrou por falta de cartos– e, sobre todo, a revista Retranca (2007-2011). 

Fundada e dirixida en Vigo por Kiko da Silva, cunha estrutura semellante á de El Jueves, veu anovar a forma de facer humor en Galicia, mais non deixou de afrontar graves dificultades, como o sorprendente “secuestro” do número 28 –dedicado á visita a Galicia do papa Bieito XVI en 2010– por parte do propio impresor por mor do seu desacordo moral co contido, e, sobre todo, a coitelada mortal que lle supuxo a creba da empresa que a distribuía.

Despois de Retranca xurdiron tamén as primeiras publicacións dixitais de humor gráfico en galego: Enchufados (2012) e O Botafumeiro (2014), xa desaparecidas.

O recruamento da censura non é un fenómeno só galego. O pasado mes de novembro, máis de cen humoristas gráficos de toda España asinaron un manifesto denunciando a censura de editores e directores, o despedimento de humoristas e os recentes procesos xudiciais contra revistas como El Jueves e Mongolia.









mércores, 30 de novembro de 2016

Bordallo Pinheiro y Castelao: padres y cumbres del humor gráfico galaico-portugués

Raphael Bordallo Pinheiro (Lisboa, 1846-1905) y Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña-Buenos Aires, Argentina, 1950) son los padres y las cumbres del humor gráfico gallego-portugués. Ni Bordallo fue el primer caricaturista de Portugal ni Castelao el primero de Galicia, pero, por la calidad y la influencia de su obra, son considerados los verdaderos creadores –­los legítimos padres– del humor gráfico moderno en Portugal y Galicia, respectivamente. Y todavía hoy, muchas décadas después de su muerte, y a pesar de la existencia posterior de otros artistas a los que se les debe dar también la categoría de maestros –Leal da Câmara, Stuart Carvalhais o João Abel Manta en Portugal; Maside, Cebreiro, Atomé, Quesada, Siro o Xaquín Marín en Galicia–, siguen estando catalogados como las cumbres del humor gráfico gallego-portugués. 

 

Raphael Bordallo Pinheiro (escrito también Rafael Bordalo Pinheiro) revolucionará el humor gráfico portugués con la fundación de cuatro sobresalientes publicaciones periódicas. De 1875 data la primera, A Lanterna Mágica, con la que el humor en prensa conquista la mayoría de edad en Portugal. Es ahí donde, el 12 de junio de 1875, crea a Zé Povinho, símbolo iconográfico del portugués como pueblo, que pronto pasará a prototipo de la sátira caricatural portuguesa.

Tras el cierre ese mismo año de A Lanterna Mágica, Bordallo emigra a Brasil, aprovechando una oferta para trabajar en Río de Janeiro. A su regreso, en 1879 crea O António Maria, cuyo nombre hace referencia a António Maria Fontes Pereira de Mello, el hombre fuerte de la política de la época (primer ministro de 1871 a 1886 durante tres mandatos interrumpidos) y uno de los principales políticos portugueses de la segunda mitad del siglo XIX, al que convertirá en la víctima favorita de sus caricaturas. Es en este periódico donde publica como encarte entre 1880 y 1885 su célebre Álbum das Glórias portuguesas.

O António Maria desaparece en 1885 para reaparecer a los pocos meses con el título de Pontos nos ii. En 1891 el Gobierno lo ilegaliza y Bordallo resucita O António Maria (2ª época), que durará hasta 1898.

A Paródia (1900-1906) es la última gran revista de Bordallo, que publica en ella la serie zoomórfica que podemos considerar como su testamento artístico: “A grande porca: a política”; “O grande can: as finanzas”; “A galinha cega: a economia”; “O grande papagaio: a retórica parlamentária”;  e “A grande toupa: a reacção”. En la publicación colabora activamente Manuel Gustavo Bordallo Pinheiro (1867-1920), hijo del maestro y uno de los raphaelistas más destacables de su tiempo, eclipsado por su padre.

Bordallo revolucionó también la industria de la cerámica, convirtiendo Caldas da Rainha en la capital de la caricatura en barro a partir de 1884, cuando fue reclamado como director artístico por su hermano Feliciano, impulsor de la fábrica.

En 1924, veinte años después de su muerte, se inauguró en Lisboa el Museo Raphael Bordallo Pinheiro, donde se puede admirar una sobresaliente selección de caricaturas y cerámicas del artista portugués.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao debuta en 1909 firmando la portada del primer número de Vida Gallega. Luego fue director gráfico y administrativo del El Barbero Municipal (Rianxo, 1910), pero será en los diarios, y en concreto en los vigueses Galicia, Faro de Vigo y El Pueblo Gallego, donde realizará lo mejor de su obra como dibujante de humor. En el primero, en julio de 1923, nacen sus “Cousas da vida” –su trabajo humorístico más reconocido–, que continuará de 1926 a 1933 en Faro de Vigo. En 1931 publicó el álbum Nós –con dibujos realizados entre 1916 y 1918–, considerado otra de sus obras cumbre.

Aunque el gallego nació e inició su carrera cuarenta años después que el portugués, entre uno y otro descubrimos una serie de interesantes paralelismos.

Los dos parten del estilo de su tiempo para crear una obra genial


Bordallo y Castelao son hijos de su tiempo y, por lo tanto, parten de los estilos imperantes en aquel momento, pero el genio que encierran les lleva pronto a hacerlos suyos y trascenderlos, apuntando nuevos caminos.

Bordallo practica la caricatura naturalista puesta de moda en Europa y América por Honoré Daumier (Marsella, 1808-Valmondois, 1879) y otros caricaturistas franceses en La Caricature (1830-1835) y Le Charivari (1832-1837), fundadas ambas por Charles Phiippon (Lyon, 1800-París, 1862). Pero no cae en las caricaturas “quisquillas” creadas por el francés André Gill (París, 1840-Saint Maurice, 1885) durante el Segundo Imperio, en las que la cabeza es enorme y el cuerpo diminuto.

Castelao practica la caricatura síntesis, de línea, de fuerte pegada modernista, puesta de moda en toda Europa por la revista alemana Simplicissimus, en la que colaboraron caricaturistas como el noruego Olaf Gulbransson (1873-1958) o el germano George Grosz (1893-1959).

La caricatura síntesis desplaza a la caricatura naturalista de la etapa anterior. Ya no se trata de exagerar ningún rasgo, sino de escoger solo los esencialmente expresivos, suprimiendo todos los demás. Como dijo el propio Castelao en su conferencia Algo acerca de la caricatura (1911), “debe copiarse la actitud y la expresión de un momento psicológico característico, sus idiosincrasias si es posible; y todo ello con la menor cantidad de líneas, las indispensables para que se comprenda la expresión, pues ya se sabe que no la anatomía sino la fisiología del individuo (…) es lo que se retrata”.

La síntesis expresiva de sus “Cousas da vida”, realizadas durante los años veinte y primeros treinta del siglo pasado, deviene en realismo en los álbumes de la Guerra. No son las ilustraciones compuestas a base de líneas sencillas, que representaban los elementos esenciales de los personajes, sino unos dibujos en los que predomina el sombreado, el claroscuro y las tonalidades negras. En la serie “Os meus compañeiros”, realizada en Buenos Aires entre 1940 y 1941, el artista alcanza la cumbre del realismo. El estilo de Castelao no siempre fue el mismo y por eso, al referirnos a su obra, hablamos, según el momento, de modernismo, arte japonés, expresionismo o realismo. En cualquier caso, fue un artista autodidacta que no quiso hacer un arte vanguardista, sino que fuese entendido y popular.

Los dos eran más irónicos que satíricos


Tanto Bordallo Pinheiro como Castelao son más irónicos que satíricos, más críticos que panfletistas. La sátira partidista y panfletaria de los caricaturistas anteriores deja paso, con ellos, a un humor moralizante, que pone de manifiesto los vicios de la sociedad para corregirlos.

El historiador portugués Osvaldo Macedo de Sousa dice de Bordallo que “con él nace el dibujo humorístico generalista, recusando la función de denunciador de ridículos para ser un ‘orquestador de motivos risibles’. Prefiere la ironía a la sátira, y aunque ahora opte por reírse con los criticados, en lugar de, no deja de desear ser incómodo. Él definirá entonces el arte del humor como “el mismo que clavar un clavo en el acabado nuevo de una casa, con la protesta de las autoridades. Caricaturizar es destrozar ese acabado”.
 
Lo mismo podemos decir de Castelao. Destrozar ese acabado o morder. En palabras del propio humorista (Humorismo. Dibuxo humorístico. Caricatura, 1961): Poida que non sexan humorismo nin a sátira nin a ironía, mais, con todo, coido que diante das mágoas da terra asoballada calquera humorista de boa cepa galega ten de convertirse en satírico ou ironista […] o meu galeguismo estame sempre dicindo á orella: ti, que podías rir, morde…”.

Por supuesto que el caricaturista gallego es también satírico, pero, como señala Carlos G. Reigosa, su ironía no se desprende nunca del sentimiento para caminar sola. Su crítica puede ser despiadada, pero está siempre acompañada de una inmensa ternura. Por eso, Siro dice que Castelao es esencialmente “un humorista benévolo –un humorista puro–”, aunque una actitud moral lo lleve ocasionalmente a utilizar el sarcasmo.

A los dos podemos aplicar también la siguiente frase de Eça de Queiroz, buen amigo de Bordallo: “La risa es una filosofía. Muchas veces la risa es una salvación. Y en política constitucional, por lo menos es una opinión”.

En cualquier caso, Bordallo es un caricaturista de políticos y artistas, con nombres y apellidos; Castelao (que también dejó grandes caricaturas personales), de caciques y labriegos anónimos.

Los dos crearon escuela


Ambos crearon sendas escuelas que han llegado hasta nuestros días.

Puede decirse que entre 1870 y 1910 el 90 por ciento de los caricaturistas portugueses seguían la escuela de Bordallo y todavía hoy, 110 años después de su muerte, hay humoristas gráficos raphaelistas en Portugal. Entre estos seguidores destacan su contemporáneo Sebastião Sanhudo (Ponte de Lima, 1851-1901) –fundador de O Sorvete, el periódico satírico portugués más longevo del siglo XIX–, su hijo Manuel Gustavo Bordallo Pinheiro o Francisco Valença (Lisboa, 1882-1959), principal dibujante y director de Sempre Fixe, la publicación humorística portuguesa más importante del siglo XX.

En Galicia, antes de la Guerra Civil, entre 1910 y 1936, la práctica totalidad de los caricaturistas estaban influenciados por Castelao, aunque tuvieran sus particularidades.
La etapa que va de enero de 1909 al 18 de julio de 1936 fue la época dorada del humor gráfico gallego, aún no igualada hasta hoy. En un país con pocas publicaciones y menos lectores, llegó a haber cerca de un centenar de humoristas que publicaban viñetas en gallego –o bilingües, para causar más gracia o para diferenciar la condición social o económica de los personajes: el labrador, el pescador siempre hablan gallego; el señorito, el maestro, siempre castellano.

Algunos de estos humoristas eran meros aficionados, pero en el más de los casos se trata de artistas que se sintieron atraídos por la moda del momento, ya que era infrecuente la publicación que no añadía en sus páginas algún mono o caricatura. Salvo raros casos, la mayoría fueron seguidores e imitadores de la obra de Castelao. Algunos de estos artistas llegarían a estar entre los grandes renovadores de la pintura gallega en el siglo XX: Maside, Torres, Seoane, Laxeiro… Prácticamente no hubo un artista plástico gallego que no hiciera humor gráfico en algún momento de su vida: Colmeiro, Granell o Asorey también lo hicieron.

Entre este centenar de humoristas podemos destacar a Carlos Maside, Álvaro Cebreiro, Manuel Torres, Ignacio Vidales Tomé, Eduardo Padín, Prada, Federico Ribas, Cándido Fernández Mazas, Julio Prieto Nespereira, Ramos, Ventura Requejo, Manolo Romano...

Tras la Guerra Civil, y a pesar de que Castelao estuvo proscrito y de que sus “Cousas da vida” no se editaron prácticamente hasta 1971, el espíritu del rianxeiro permanece vivo en autores como Atomé, cuyas viñetas muestran la misma preocupación amorosa por el campesino, o Xesús Conde, que se declaraba “el último discípulo de Castelao”.

Todavía en en los años 70 del pasado siglo Siro fue llamado el nuevo Castelao, aunque, como él mismo dice, sus dibujos se parecen “como un huevo a una castaña". Pero sí es cierto que Siro cimentó su estilo en el estudio del rianxeiro. Y, de otro modo, la síntesis expresiva de Castelao está también en Xaquín Marín o Pepe Carreiro. 

Los dos acertaron a encarnar al pueblo en sus caricaturas


Ambos supieron encarnar a su pueblo en sus caricaturas: Bordallo, en Zé Povinho, el personaje que creó en A Lanterna Mágica en 1875, y Castelao, en cualquiera de sus paisanos (hombres, mujeres, viejos, niños), que expresan la esencia de los gallegos con hondura y verdad.

Zé Povinho, el mayor acontecimiento de toda la ilustración satírica portuguesa, apareció por primera vez el 12 de junio de 1875 en el número 5 de la A Lanterna Mágica y en seguida se convirtió en símbolo de Portugal, como el John Bull inglés, el Tío Sam estadounidense o la Marianne francesa. Pero, por primera vez y casi única en el mundo, Portugal no crea un símbolo iconográfico del país, sino del pueblo. Los otros símbolos son iconos de orgullo nacional, mientras que este es más bien de vergüenza. Según Macedo de Sousa: “No es un icono de orgullo nacionalista, sino una grotesca síntesis del pueblo. Es la imagen del rústico que se mantiene pasivamente indolente delante de las triquiñuelas de los gobernantes, delante de la expoliación de sus pertenencias y derechos, que se mantiene indiferente al progreso”.

Con el tiempo, de icono del pueblo pasará a prototipo de la sátira caricatural portuguesa. Ha sido reelaborado por muchos otros humoristas a lo largo de la historia, con una presencia recurrente. Todavía hoy podemos encontrarlo en la prensa.

A partir del último cuarto del siglo XIX tomó forma tridimensional con la popularización de la cerámica de la fábrica de Caldas da Rainha.

A pesar de la antigüedad y del extraordinario éxito del Zé Povinho de Bordallo Pinheiro, el humor gráfico portugués no ha sido muy dado a generar héroes. La excepción fueron Quim y Manecas, de Stuart Carvalhais –nacidos el 21 de enero de 1915 en el número 898 de O Século Cómico–, pero no era un cartoon político, sino infantil. El mayor héroe del humor gráfico portugués desde Zé Povinho ha sido el Guarda Ricardo, creado por Sam (1924-1993) en Notícias de Amadora en 1971, casi cien años después que el personaje de Bordallo, pero murió con su creador. “La duda sistemática del Guarda Ricardo y del Chefe [su antagonista] marcó, en ironía, las dudas de la transición marcelista, y después de la democracia. Hoy su revisión es un retrato psicológico de la sociedad a lo largo de estos años” (Macedo de Sousa).

Castelao hizo de los problemas de sus paisanos campesinos y marineros el centro de su obra: la injusticia, la emigración, el caciquismo, el régimen foral, la miseria, las costumbres, las creencias, la forma de ser... Como dice Siro, tantos sus dibujos como los textos que los acompañan están sacados del propio pueblo, rezuman una asombrosa autenticidad gallega. Sus estampas “admírannos polo extraordinario dominio que demuestra ó apreixar nunhas poucas liñas tódolos rostros posibles de homes, mulleres e nenos do país. Cando Castelao deseña o rostro enxoito e cheo de enrugas do vello labrego temos ante nós un labrego que se nos amosa familiar, coma alguén que coñecemos un día non sabemos cando. E outro tanto podemos dicir do mariñeiro, do cacique, do cego, do crego, do emigrante ou do vello que pide esmola”.

Los dos dejaron un testamento artístico


Aunque especialmente conocidos por los periódicos A Lanterna Mágica o O António Maria (Bordallo) y la serie “Cousas da vida” o el álbum Nós (Castelao), los dos caricaturistas dejarán lo que podemos calificar de su testamento artístico en algunas obras maestras posteriores.

Bordallo, la serie zoomórfica que publicó en A Paródia en 1900: “A gran porca: a política”; “O gran can: as finanças”; “A galinha cega: a economia”; “O grande papagaio: a retórica parlamentar”; y “A grande toupeira: a reacção”. Podemos considerarla como la síntesis satírica de la visión política de toda una vida.

Castelao, los tres álbumes sobre la Guerra Civil: Galicia mártir (1937). Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938). Los dos primeros muestran, con gran crudeza, la represión ejercida por el bando nacional. El tercero rinde homenaje a los combatientes que defendieron la República. Son, en total, treinta y una obras que fueron expuestos en la Unión Soviética, en los EEUU o en Cuba, pues sirvieron como propaganda política de la República.

Los dos colaboraron en la prensa de Madrid


Tanto Bordallo Pinheiro como Castelao colaboraron en la prensa de Madrid, incluso en un mismo periódico, La Ilustración Española y Americana, claro que uno muchos años antes que el otro.

Bordallo dibujó para El Mundo Cómico (1873), La Ilustración Española y Americana, La Ilustración de Madrid y El Bazar. Su internacionalización no se circunscribió solo a España, sino que llegó también a Francia (L’Unives Illustré) e Inglaterra, donde colaboró en The Illustrated London Almanacy y The Illustrated London News. Para este último periódico cubrió como reportero gráfico (ilustrador) la III Guerra Carlista en 1873, para lo que viajó a España junto al redactor William Ingram. Bordallo llegó a declinar la invitación de ser ilustrador residente de la revista.

Castelao colaboró en el diario El Sol –el periódico de mayor prestigio y tirada en España– desde febrero de 1918 hasta junio de 1922. Igual que Bordallo con The Illustrated London News, rechazó el trabajo fijo en la redacción que le ofrecieron. En el diario madrileño coincidió con el catalán Bagaría, que le consideraba el mejor dibujante español de la época. En El Sol colaborarían también los gallegos Maside, Cebreiro e Torres, en la sección “Los maestros de la historieta”, incluso con viñetas en lengua gallega. Otras publicaciones madrileñas en las que colaboró Castelao fueron El Liberal (1912), El Gran Bufón (1913), El Parlamentario (1914), La Ilustración Española y Americana (1915), La Esfera (1918).

Era la primera vez que los humoristas gallegos eran reclamados por la prensa de Madrid. Después de la Guerra Civil, a partir de los años 50, también colaborarán en ella Julio Cebrián y Alfonso Abelenda (Don José, La Codorniz, El Alcázar en el caso de Cebrián…), pero estaban afincados en Madrid, y más tarde, desde finales de los 60, Quesada (La Codorniz, Arriba, Pueblo…) y Xaquín Marín (Hemano Lobo, La Codorniz…), estos últimos sin dejar de vivir en Galicia.

Los dos emigraron


Los dos vivieron la experiencia de la emigración, aunque que de un modo muy diferente: mientras que en el caso de Bordallo fue temporal y escogida (pasó cuatro años en Brasil trabajando en la prensa después del éxito alcanzado en Portugal con A Lanterna Mágica), la de Castelao en Argentina –donde ya había vivido con sus padres durante su infancia– fue forzosa e indefinida por la Guerra Civil y la dictadura en España.

Tras el éxito conseguido con A Lanterna Mágica, el dibujante portugués fue invitado a viajar a Brasil para trabajar O Mosquito, de Río de Janeiro. A finales de 1878, la redacción de O Besouro, el periódico fundado por Bordallo Pinheiro en Brasil tras el cierre abrupto de O Mosquito, fue asaltada por el populacho, pagado para el efecto y protegido por la policía. El propio caricaturista sufrió, además, dos atentados de sicarios enviados por enemigos que habían sido víctimas de su humor. Bordallo resolvió cerrar la publicación y volver a Portugal en marzo de 1879.

Castelao pasó parte de su infancia y adolescencia en Argentina. A los nueve años marchó allí con su madre para reunirse con su padre, que había emigrado solo antes. La familia vivió en La Pampa, donde Castelao descubrió el humor gráfico a través de Caras y Caretas, la publicación en la que trabajaba el lucense Xosé María Cao. En Argentina pasaría cinco años (1895-1900), antes de volver a Galicia para estudiar bachillerato y Medicina en Santiago de Compostela. Muchos años después, en 1938, debido a la Guerra Civil y la dictadura de Franco, tuvo que partir para el exilio, primero en los EEUU y Cuba, y luego, a partir de 1940, en Argentina (Buenos Aires), donde vivió hasta su muerte en 1950. 

Los dos tuvieron relación con el teatro


El teatro fue la primera vocación de Bordallo Pinheiro, que con catorce años ya trabajó como decorador de sala, escenógrafo y actor en el Teatro Garrett de Lisboa, antes de inscribirse en la Escuela Dramática del Conservatorio de la capital portuguesa, que abandonará. En 1973 y 1974 realizó sendas series de litografías con caricaturas de los principales actores portugueses de la época (João Anastácio Rosa, João Rosa, Francisco Taborda, António Pedro, José Carlos dos Santos…). El teatro estará siempre presente en sus periódicos. Así como fue un cronista de la sociedad lisboeta, fue también un reportero de la vida del Teatro de São Carlos, destacando los estrenos, comentando las vicisitudes empresariales, caricaturizando a los grandes ídolos que por ahí pasaron o usando las grandes óperas para parodiar la política nacional.

Castelao fue un revolucionario del teatro gallego: al inicio de su exilio, escribió en Nueva York Os vellos non deben de namorarse, pero también diseñó los escenarios, el vestuario y las máscaras de los actores, además de dirigirla en su estreno, en Buenos Aires en 1941. Antes, en 1931 había hecho, a petición de Valle Inclán, los decorados y figurines para su obra Divinas Palabras, obteniendo un gran éxito en Madrid.
 

Bordallo Pinheiro, Zé Povinho.
Castelao. "Cousas da vida".



Castelao. "A derradeira lección do mestre".











Bordallo Pinheiro. "A gran porca; a política"