domingo, 15 de julio de 2018

Axeitos expón as súas caricaturas en Noia


O pintor e debuxante José Luís Axeitos expón a mostra Acuarelas e caricaturas no Liceo de Noia ata o 28 de xullo.
Son máis de cen obras realizadas ao longo dos últimos vinte anos.
No apartado da pintura atopamos moitos lugares ou esceas vencellados a Noia, vila nata do artista.
Na caricatura, o artista representa unha chea de persoaxes noieses e galegos ben coñecidos, cun tratamiento humorístico apoiado no trazo de línea. Axeitos chegou colaborar como caricaturista en El Mundo Deportivo de Barcelona durante un par de anos.
Según o artista, “a literatura é como quen escribe un chiste, e un cadro é máis similar a unha novela”.
Axeitos comezou moi cedo a adicarse á pintura e á caricatura, concretamente no instituto, onde tiña libretas cheas de debuxos, e sempre compaxinou este labor co seu traballo, desenvolvido durante anos no eido da impresión dixital.
A exposición foi inaugurada o pasado 22 de xuño coa asistencia de máis de 150 peroas. Foi presentada polos coordinadores da sala, Alfonso Costa e José Blanco Abeijón; a escritora Pilar Sampedro e o directivo do Liceo Emilio. Numeroso público arroupou o artísta, entre eles o escritor local, Maxi Olariaga; os historiadores e escritores, Pedro García Vídal, Xerardo Agrafoxo e Lola Arxóns; os pintores NachRodríguezo Costa e Pio Costa e a gravadora Rosana Calvo, entre outros.
(Información tirada de El Correo Gallego)


Foto El Correo Gallego



El Roto na capa de "El País"

Antes da Guerra Civil, era frecuente atopar viñetas de humor gráfico nas capas dos diarios. Por exemplo, en El Sol, de Madrid, mais tamén en Galicia: Faro de Vigo, Galicia (editado tamén na cidade olívica), etc. As viñetas de Castelao, entre outros, foron capa varias veces neles. Mais despois da Guerra, este costume desapareceu. Nen sequera na Transición, cando o humor gráfico acadou outra vez un pulo extraordinario, lembro viñetas nas capas dos diarios. Supoño que as habería de xeito extraordinario, mais, desde logo, non de maneira recorrente. Por iso, atopar na capa de El País de hoxe (domingo, 15 de xullo de 2018) unha viñeta de El Roto ocupando un lugar privilexiado no deixa de ser noticia e, para os que amamos o humor gráfico, un motivo de verdadeira ledicia. Ogallá se repita máis veces, en El País e en outros diarios, coas viñetas de El Roto e coas de outros humoristas. en Madrid e en Galicia. Aquí, non hai moito tempo, aconteceu en Faro de Vigo cunha viñeta de Davila. Daquela non o reseñei neste blogue. Se cadra, dentro duns días recuperareina para lembrar ese outro momento histórico -polo que ten de extraodinario, como digo-. Hoxe toca celebrar esta viñeta de El Roto na capa de El País.